O tribunal nomeado polas resolucións do 29 de abril de 2026 (DOG núm. 84, do 7 de maio) e do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 91, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Nas sesións que tiveron lugar o 6 de xullo de 2026 e o 8 de xullo de 2026, respectivamente, ao abeiro do previsto na base II.1.1.1 da convocatoria, unha vez revisadas as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo:
Para o cuestionario da quenda de acceso libre:
– Anular as preguntas número 24, 77, 115 e 143 do cuestionario, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 181, 183, 184 e 189.
– Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 144, en que pasa a ser correcta a alternativa D.
Para o cuestionario da quenda de promoción interna:
– Anular as preguntas número 37, 75 e 103 do cuestionario, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 141, 142 e 147.
– Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 104, en que pasa a ser correcta a alternativa D.
Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.
Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos, e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos
Na quenda de promoción interna superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que teñan un mínimo, en cada unha das partes, do 40 % das respostas correctas, unha vez realizados os descontos correspondentes.
Na quenda de acceso libre superarán o exercicio as persoas aspirantes que obteñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
De acordo cos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio do proceso selectivo emitidos de conformidade coa base II.1.1.1 da convocatoria, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores se considerarán igualmente aprobadas, aínda que se supere o número máximo establecido no parágrafo anterior.
Realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 14 de xullo de 2026, acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 55 persoas aspirantes e fixouse en 92,25 o número de respostas correctas necesarias para acadar a devandita puntuación, unha vez realizadas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria, e que os aspirantes superasen, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 40 % das respostas correctas.
Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba que tivo lugar o 28 de xuño de 2026, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) no portal web da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de administración de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Claudia Vázquez Almendáriz
Presidenta do tribunal
