Mediante o Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.
De conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
DISPÓN:
Convocar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
I. Normas xerais.
I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro.
O número de prazas convocadas na escala de sistemas e tecnoloxía da información, será de dezaseis (16), das que dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.
Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
O sistema selectivo será o de oposición.
I.1.1. De conformidade co decreto 143/2023, do 9 de novembro, do total de prazas convocadas reservaranse dúas (2) prazas para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %.
Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.
De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única na que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que optasen.
I.1.2. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non indicalo entenderase que non optan por esta reserva.
As persoas aspirantes só poderán participar nunha das opcións referidas.
I.1.3. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.
I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015 do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.
I.2. Requisitos das persoas aspirantes.
Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización da presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión, como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:
I.2.1. Promoción interna.
I.2.1.1. Idade: Non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao ou licenciatura universitaria en enxeñaría en Telecomunicacións, Informática, Matemáticas, Estatística, Física, Intelixencia Artificial ou Ciencia do Dato, ou ben titulacións equivalentes do nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) dos mesmos ámbitos de coñecemento.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.
A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase no apartado «Expediente-e: FORMACIÓN-FORMACIÓN ACADÉMICA/PROFESIONAL». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.
I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos seguintes corpos ou escalas:
– Aos integrados no subgrupo A1 da administración xeral (corpo superior), excluidas as escalas
– Aos integrados no subgrupo A2 da administración xeral (corpo de xestión), excluídas as escalas excepto a escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.
I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo A1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo superior) ou no subgrupo A2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión) e a escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
Quedarán exentos do cumprimento deste requisito, as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior ou do corpo de xestión (subgrupo A2), como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización ou promoción específica convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que conte unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional dende a cal participou no proceso de funcionarización.
Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da Lei 2/2015, do 29 de abril) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da Lei 2/2015, do 29 de abril).
I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria á que pretende optar.
I.2.2. Acceso libre.
I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.2.2. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao ou licenciatura universitaria en enxeñaría en Telecomunicacións, Informática, Matemáticas, Estatística, Física, Intelixencia Artificial ou Ciencia do Dato, ou ben titulacións equivalentes do nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) dos mesmos ámbitos de coñecemento.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.
A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase no apartado «Expediente-e: FORMACIÓN-FORMACIÓN ACADÉMICA/PROFESIONAL». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.
I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
I.2.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria á que pretende optar.
I.3. Solicitudes.
I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.
Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.
Unha vez completados os datos da persoa solicitante, poderase iniciar o proceso de inscrición.
As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá de entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.
As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pago de taxas.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.
Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.
As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia autentica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.
I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:
a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, no que se regula do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.
b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.
c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.
d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan a consulta da documentación, para iso deberán indicalo no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:
– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.
– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.
– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.
– Demandantes de emprego:
1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.
Para a remisión electrónica, empregará os apartados habilitados aos efectos. Se non dispón de copias auténticas deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.
De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, estarán exentas do pagamento:
Do importe total da taxa:
– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Do 50 % do importe:
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.
I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:
Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante correspondente.
Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.
Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pago presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (Número de Rexistro Completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».
A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningún das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que se anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, solicitando a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.
I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para a mesma escala. No caso de presentar varias solicitudes, soamente se terá en conta a última presentada.
O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.
Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.
I.4. Admisión de aspirantes.
I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aprobará a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG. As listaxes coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Estas listaxes indicarán a relación de persoas aspirantes que están exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento das linguas inglesa e galega, referidas nas bases II.1.1.2 e II.1.1.4.
I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Igualmente, no mesmo prazo poderán alegar respecto da falta de exención da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.
As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
As persoas aspirantes afectadas poderán acceder a solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.
A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se aprobará a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que será publicada no DOG. As listaxes definitivas coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.
II. Proceso selectivo.
II.1. Oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución.
Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
II.1.1. Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
II.1.1.1. Primeiro exercicio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento oitenta (180) preguntas tipo test, das que corenta (40) corresponderán coa parte xeral do programa e cento corenta (140) coa parte específica do programa que figura no anexo I.
O devandito exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderá á parte xeral do programa e seis (6) á parte específica e que substituirán ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente ás cento corenta (140) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa.
O exercicio terá unha duración máxima de douscentos corenta (240) minutos.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 40 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Ao remate da proba cada aspirante poderá levar consigo unha copia do seu cadro de respostas.
Este exercicio cualificarase entre 0 a 60 puntos, sendo necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos para a súa superación.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes á realización do primeiro exercicio publicaranse os contidos dos cuestionarios así como as respostas correctas no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
II.1.1.2. Segundo exercicio.
O segundo exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test sobre un texto técnico en inglés, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva.
A duración máxima da proba será de cincuenta (50) minutos.
Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto na proba.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Estarán exentas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. Para esta acreditación, unicamente serán tidas en conta as titulacións que figuran indicadas no anexo II a esta convocatoria.
Esta acreditación deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal) no apartado «Expediente-e: IDIOMAS-NIVEL DE IDIOMAS». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, xunto coa lista provisional de admitidos e excluídos, a relación das persoas aspirantes exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento da lingua inglesa.
II.1.1.3. Terceiro exercicio.
O terceiro exercicio, de carácter práctico e escrito: consistirá na resolución por escrito dun suposto práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa. O Tribunal poderá delimitar o contido do suposto práctico mediante a inclusión de cuestións que deberán ser analizadas e respondidas polas persoas aspirantes.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento (120) minutos.
Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. Tras a súa lectura, o tribunal poderá realizar preguntas á persoa aspirante en relación co seu exercicio durante un período máximo de vinte minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.
O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
II.1.1.4. Proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.
De conformidade co disposto no artigo 51 de Lei 2/2015, do 29 de abril, as persoas aspirantes deberán realizar este exercicio, que constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo. Non poderán superar o proceso selectivo as persoas aspirantes declaradas non aptas.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
A súa acreditación deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal) no apartado «Expediente-e: IDIOMAS-GALEGO». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a acreditación do nivel requirido (ou superior) de coñecemento da lingua galega no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exoneradas desta acreditación.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, xunto coa lista provisional de admitidos e excluídos, a relación das persoas aspirantes exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento do idioma galego.
O tribunal fixará a data de realización desta proba de acreditación na mesma resolución pola cal se convoca ás persoas aspirantes para a realización do primeiro exercicio.
II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.
II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabético e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comence pola letra V, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), pola que se fai público o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 12 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro).
II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.
II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal como colaboradoras.
II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.
II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.
O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.
II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.
II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicará a correspondente resolución no DOG. As alegacións das persoas aspirantes deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.8. A resolución pola que se acorda a publicación dos resultados dos exercicios publicarase no DOG. A listaxe coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica.
As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas ás puntuacións do exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal referida no parágrafo anterior.
A tramitación destas alegacións deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.
No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.
II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará ás persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.
No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.
II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.
III. Tribunal.
III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de emprego público, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.
En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal cualificador que substituirán ás que perdesen a súa condición por calquera das causas previstas na normativa aplicable.
III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.
III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.
III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.
III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.
III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.
O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.
As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.
III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.
Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.
III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.
III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.
III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.
IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.
No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:
– De conformidade co disposto no artigo 153 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, relativo á infrarrepresentación do xénero feminino neste grupo, escala e especialidade, o desempate dirimirase a prol da muller.
– Puntuación obtida no primeiro exercicio.
– Puntuación obtida no terceiro exercicio.
– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.
– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.
IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a resolución pola que se declaran as persoas aspirantes que superaron o dito proceso; as listaxes coas persoas aspirantes que superaron o proceso, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade ou equivalente, ordenadas polas puntuacións acadadas, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da referida resolución, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.
No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.
b) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.
c) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade e, de ser o caso, da Administración correspondente.
A consellería competente en materia de emprego público solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.
As persoas aspirantes poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.
Non obstante o anterior, as persoas aspirantes pensionistas da Seguridade Social que acrediten a súa discapacidade mediante o recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, así como as persoas aspirantes pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, deberán acreditar a compatibilidade da súa discapacidade co desempeño das funcións propias do corpo, escala e, de ser o caso, especialidade profesional ou categoría deste proceso selectivo.
IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.
IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.
Non obstante, ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo pola quenda de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo, escala e especialidade á cal acceden.
IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril.
V. Disposición derradeira.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso pola quenda de
acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas
e tecnoloxía da información
a) Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V) e título VIII.
Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.
Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV (capítulo I e capítulo IV) e título V.
Tema 4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.
Tema 5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.
Tema 6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.
Tema 7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI (capítulos III e IV) e título VIII.
Tema 8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Tema 9. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VI, VII e VIII. Título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Tema 10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e títulos I e II.
Tema 11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
Tema 12. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tema 13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.
b) Parte específica.
Goberno TIC, dirección pública dixital e marco normativo.
Tema 1. A información e os activos dixitais nas organizacións: A información como activo estratéxico das organizacións. Ciclo de vida da información. Organizacións intensivas en coñecemento e organizacións orientadas ao dato. Valor público da información. Toma de decisións baseada en datos. Activos dixitais, servizos dixitais e capacidades tecnolóxicas no sector público.
Tema 2. Gobernanza das tecnoloxías da información: Concepto de gobernanza TIC. Aliñamento entre estratexia institucional, procesos, datos e tecnoloxía. Marcos de referencia para o goberno TIC. COBIT, Val IT e BABOK. Obxectivos de control, métricas, madurez, riscos, beneficios e valor público dos investimentos TIC.
Tema 3. Dirección pública dixital: Funcións da dirección TIC nas administracións públicas. Liderado dixital, innovación pública e xestión do cambio. Capacidades organizativas para a transformación dixital. Administración orientada a plataformas, servizos dixitais centrados nas persoas e dirección baseada en evidencias. Liderazgo de equipos tecnolóxicos. Xestión do talento, motivación, resolución de conflitos, desenvolvemento competencial.
Tema 4. Planificación estratéxica TIC: Plans directores, plans estratéxicos e carteiras TIC. Priorización de iniciativas. Cadros de mando, indicadores, OKR e indicadores clave de rendemento. Seguimento, avaliación e control da execución. Xestión do portfolio de proxectos, servizos e produtos dixitais.
Tema 5. Organización e funcionamento das unidades TIC: Modelos organizativos das áreas TIC. Funcións de arquitectura, desenvolvemento, operación, seguridade, datos, calidade, soporte e atención ás persoas usuarias. Centros de servizos compartidos. Xestión do coñecemento. Capacidades profesionais e modelos de relación coas unidades de negocio.
Tema 6. Xestión económica das TIC: Análise de custos e eficiencia dos servizos TIC. Investimentos tecnolóxicos. Modelos CAPEX e OPEX. Custe total de propiedade. Retorno do investimento e creación de valor público. Avaliación económico-financeira de proxectos, servizos cloud e contratos tecnolóxicos.
Tema 7. Dirección e xestión de proxectos TIC: Fundamentos da dirección de proxectos. PMBOK, PRINCE2 e outros marcos de referencia para a dirección de proxectos. Ciclo de vida dos proxectos. Xestión do alcance, prazo, custo, calidade, riscos, comunicacións, interesados e adquisicións. Oficina de proxectos. Modelos preditivos, adaptativos e híbridos.
Tema 8. Metodoloxías áxiles e modelos de entrega de valor: Manifesto áxil. Scrum, Kanban, Lean e SAFe. Equipos multidisciplinares. Produto mínimo viable. Priorización por valor. Entrega incremental. Escalado áxil. Gobernanza de produtos dixitais en organizacións públicas.
Tema 9. DevOps, DevSecOps e cultura de entrega continua: Principios culturais, organizativos e técnicos de DevOps. Integración continua, entrega continua e despregamento continuo. Automatización, colaboración e medición. Integración da seguridade no ciclo de vida do software. Observabilidade, retroalimentación e mellora continua.
Tema 10. Contratación pública de tecnoloxía: Compra pública TIC. Preparación de expedientes, definición de necesidades, prescricións técnicas e criterios de adxudicación. Contratación de desenvolvemento, mantemento, servizos cloud, software e infraestruturas. Compra pública de innovación. Seguimento da execución contractual e xestión de provedores. Contratación de sistemas IA, auditoría algorítmica, propiedade intelectual de modelos.
Tema 11. Calidade dos servizos TIC: Conceptos de calidade e excelencia. Modelos de calidade aplicables ás organizacións e aos servizos TIC. EFQM, ISO 9001 e mellora continua. Indicadores, avaliación da satisfacción, xestión de non conformidades e mellora dos servizos públicos dixitais.
Tema 12. Xestión de servizos TIC: ITIL 4. Sistema de valor do servizo. Cadea de valor dos servizos. Xestión de incidencias, problemas, cambios, configuración, activos, niveis de servizo, dispoñibilidade e continuidade. Norma ISO/IEC 20000. Catálogo de servizos e acordos de nivel de servizo.
Tema 13. Auditoría dos sistemas de información: Concepto, obxectivos e alcance da auditoría de sistemas. Controis xerais e controis de aplicación. Auditoría organizativa, técnica, funcional e de cumprimento. Evidencias, trazabilidade, planificación, execución, informes e seguimento de recomendacións.
Tema 14. Fondos europeos para a transformación dixital: Instrumentos europeos de financiamento da dixitalización. Fondos estruturais, programas europeos e mecanismos de recuperación e resiliencia. Principios de selección de operacións, cumprimento de fitos, indicadores, control, xustificación e avaliación dos investimentos dixitais.
Tema 15. Propiedade intelectual, reutilización e software libre: Protección xurídica dos programas de ordenador. Licenzas de software. Software propietario, software libre e software de fontes abertas. Reutilización de aplicacións e activos dixitais nas administracións públicas. Soberanía tecnolóxica, dependencia de provedores e liberación de software público.
Tema 16. Accesibilidade dixital, inclusión e deseño universal: Accesibilidade web e móbil. Deseño universal, usabilidade e experiencia de usuario. Normas e directrices de accesibilidade. Tecnoloxías de apoio. Accesibilidade dos servizos dixitais públicos, documentos electrónicos, aplicacións móbiles e sedes electrónicas.
Tema 17. Competencias dixitais e capacidades profesionais TIC: Marcos de competencias dixitais. DigComp e competencias dixitais da cidadanía. Competencias profesionais TIC, alfabetización de datos, capacidades de dirección pública dixital e formación continua. Xestión do talento dixital e adaptación ás tecnoloxías emerxentes.
Tema 18. Estratexias de transformación dixital: Estratexia Dixital de Galicia. Estratexias estatais de dixitalización. Década Dixital Europea. Indicadores de madurez dixital. Políticas públicas de innovación tecnolóxica, sociedade dixital, administración dixital, conectividade, datos, IA e ciberseguridade.
Administración dixital e interoperabilidade.
Tema 19. Administración electrónica e administración dixital: Evolución da administración electrónica á administración dixital. Dereitos das persoas nas relacións electrónicas coas administracións públicas. Simplificación administrativa, automatización, dixitalización de procedementos e servizos públicos dixitais.
Tema 20. Documento, expediente e arquivo electrónico: Documento electrónico. Expediente electrónico. Metadatos. Copia auténtica. Dixitalización. Arquivo electrónico único. Conservación, preservación dixital, integridade, autenticidade, dispoñibilidade e trazabilidade da documentación administrativa electrónica.
Tema 21. Interoperabilidade no sector público: Concepto e dimensións da interoperabilidade: organizativa, semántica, técnica e xurídica. Esquema Nacional de Interoperabilidade. Normas técnicas de interoperabilidade. Intercambio seguro de información, reutilización de servizos e cooperación interadministrativa.
Tema 22. Interoperabilidade europea: Marco Europeo de Interoperabilidade. Servizos públicos dixitais transfronteirizos. Principio de só unha vez. Avaliación da interoperabilidade, reutilización de solucións e cooperación entre administracións europeas.
Tema 23. Identidade dixital e servizos electrónicos de confianza: Identificación electrónica. Autenticación. Certificados dixitais. Sinatura electrónica, selo electrónico, selo de tempo, entrega electrónica certificada e validación de certificados. Prestadores de servizos de confianza e evidencias electrónicas.
Tema 24. Identidade dixital europea e eIDAS 2: Marco europeo de identidade dixital. eIDAS 2. Carteira europea de identidade dixital. Credenciais verificables e atributos electrónicos. Interoperabilidade da identidade dixital. Uso de identidades dixitais en servizos públicos e privados.
Tema 25. Servizos horizontais de administración dixital: Servizos comúns e plataformas horizontais. Identificación, sinatura, rexistro, notificación, intermediación de datos, factura e contratación electrónicas. Integración de aplicacións e reutilización de infraestruturas dixitais comúns.
Tema 26. Rexistros, notificacións e representación electrónica: Rexistro electrónico. Rexistro de apoderamentos. Representación da cidadanía. Notificacións electrónicas. Comparecencia electrónica. Evidencias, trazabilidade, interoperabilidade e garantías xurídicas dos actos electrónicos.
Tema 27. Datos abertos, transparencia e reutilización da información pública: Goberno aberto. Transparencia activa e pasiva. Datos abertos. Reutilización da información do sector público. Portais de datos. Licenzas, formatos reutilizables, calidade, metadatos e valor económico e social da información pública.
Tema 28. Servizos públicos dixitais proactivos: Administración orientada a eventos. Personalización e proactividade dos servizos públicos. Automatización de actuacións administrativas. Interoperabilidade baseada en datos. Servizos centrados na cidadanía e avaliación da experiencia das persoas usuarias.
Goberno do dato e intelixencia artificial.
Tema 29. Goberno do dato e estratexia corporativa do dato: Concepto de goberno do dato. O dato como activo estratéxico e como infraestrutura pública dixital. Estratexias corporativas de datos. Políticas de datos, principios, dominios, responsabilidades e modelos de decisión. Organización do goberno do dato: órganos de goberno, propietarios do dato, responsables funcionais, responsables técnicos, data stewards e comunidades de práctica. Relación entre goberno do dato, transparencia, reutilización, interoperabilidade, protección de datos, seguridade e intelixencia artificial..
Tema 30. Calidade, metadatos e ciclo de vida do dato: Dimensións da calidade do dato: exactitude, completitude, coherencia, actualidade, unicidade, validez e integridade. Regras de calidade, perfís de datos, limpeza, normalización e enriquecemento. Xestión de metadatos técnicos, funcionais, operativos e de negocio. Catálogos de datos, glosarios corporativos, linaxe, trazabilidade e observabilidade do dato. Ciclo de vida do dato desde a creación ou captura ata a conservación, explotación, cesión, arquivo ou eliminación..
Tema 31. Marcos, modelos e organización da xestión do dato: DAMA-DMBOK e funcións da xestión do dato. Arquitectura de datos, modelado, integración, calidade, seguridade, metadatos, datos mestres, almacenamento e explotación. Data stewardship, data ownership e data literacy. Modelos centralizados, federados e híbridos. Data Mesh, Data Fabric e goberno federado do dato. Implantación progresiva do goberno do dato en organizacións públicas complexas.
Tema 32. Plataformas analíticas e arquitecturas de explotación da información: Data Warehouse, Data Mart, Data Lake e Lakehouse. Procesos ETL e ELT. Integración batch, streaming e case en tempo real. Modelado dimensional. Arquitecturas analíticas corporativas. Plataformas de explotación da información, autoservizo analítico, control de accesos, auditoría e segregación de contornas. Relación entre plataformas analíticas, sistemas transaccionais, goberno do dato e intelixencia artificial.
Tema 33. Business Intelligence e analítica avanzada: Intelixencia de negocio. Cadros de mando operativos, tácticos e estratéxicos. Indicadores, métricas, KPI e visualización de información. Analítica descritiva, diagnóstica, preditiva e prescritiva. Analítica aplicada ao deseño, seguimento e avaliación de políticas públicas. Limitacións, calidade, nesgos e interpretación responsable dos resultados analíticos.
Tema 34. Big Data e procesamento masivo de información: Características dos contornos Big Data. Volume, velocidade, variedade, veracidade e valor. Arquitecturas distribuídas de almacenamento e procesamento. Procesamento batch e streaming. Bases de datos NoSQL, sistemas distribuídos, colas, motores de procesamento e plataformas escalables. Casos de uso no sector público: fraude, saúde, territorio, mobilidade, servizos sociais, avaliación de políticas e mellora de servizos.
Tema 35. Regulación europea do dato e espazos de datos: Data Governance Act, Data Act e políticas europeas de economía do dato. Compartición segura de datos. Intermediarios de datos, altruísmo de datos e reutilización de determinadas categorías de datos. Espazos europeos de datos sectoriais. Gobernanza de ecosistemas de datos. Relación cos datos abertos, interoperabilidade, soberanía dixital, protección de datos, seguridade da información e contratación de servizos baseados en datos.
Tema 36. Fundamentos da intelixencia artificial e da aprendizaxe automática: Concepto de sistema de intelixencia artificial. IA simbólica, aprendizaxe automática, aprendizaxe supervisada, non supervisada e por reforzo. Redes neuronais e aprendizaxe profunda. Ciclo de vida dos sistemas de IA: definición do caso de uso, datos, adestramento, validación, despregamento, monitorización e retirada. Métricas de avaliación, explicabilidade, robustez, rendemento e limitacións. Aplicacións da IA nas administracións públicas e criterios para a súa adopción responsable.
Tema 37. IA xerativa, modelos fundacionais, axentes e sistemas multimodais: Modelos fundacionais. Grandes modelos de linguaxe. Modelos multimodais. Embeddings, recuperación semántica, recuperación aumentada por xeración (RAG). Axentes de intelixencia artificial: axentes autónomos, especializados e colaborativos. Sistemas multiaxente, orquestación. Patróns de uso en administración pública: asistencia á tramitación, busca documental, análise de expedientes, atención á cidadanía, apoio á decisión e automatización de tarefas. Limitacións: alucinacións, dependencia dos datos, avaliación dos resultados, confidencialidade, protección de datos, propiedade intelectual e seguridade.
Tema 38. MLOps, LLMOps e operación de sistemas de intelixencia artificial: Industrialización da IA. MLOps e LLMOps. Xestión de experimentos, versionado de datos, código, modelos, prompts e configuracións. Pipelines de adestramento, validación, avaliación, despregamento e monitorización. Feature stores, rexistros de modelos, avaliación continua, detección de deriva, observabilidade, auditoría e reproducibilidade. Gobernanza técnica dos modelos. Xestión de custos, consumo enerxético, dependencia de provedores e ciclo de vida dos modelos.
Tema 39. Goberno, ética, riscos e avaliación dos sistemas de IA: Principios de IA fiable: legalidade, ética, robustez, transparencia, equidade, responsabilidade, seguridade e supervisión humana. Avaliación de impacto algorítmico. Xestión de riscos dos sistemas de IA. Identificación e mitigación de nesgos. Explicabilidade e interpretabilidade. Rexistro, documentación, trazabilidade e auditoría. Uso responsable da IA por empregados públicos. Gobernanza corporativa da IA (modelo organizativo, roles, oficinas de IA, inventario de sistemas, supervisión, comités de avaliación).
Tema 40. Marco normativo da intelixencia artificial: Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Enfoque baseado no risco. Prácticas prohibidas, sistemas de alto risco, sistemas de risco limitado e modelos de propósito xeral. Obrigas de provedores, implantadores e usuarios. Documentación técnica, rexistros, transparencia, supervisión humana, calidade dos datos, robustez, ciberseguridade e vixilancia posterior á posta no mercado. Relación co RGPD, protección de datos, contratación pública, responsabilidade, accesibilidade, seguridade e dereitos fundamentais.
Tema 41. Ley galega de IA 2/2025: Lei 2/2025 para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia. Principios, gobernanza, dereitos da cidadanía, inventario de sistemas de IA, Oficina de IA, Consello Galego de IA e aplicación no sector público autonómico
Arquitectura empresarial e arquitecturas tecnolóxicas.
Tema 42. Arquitectura empresarial: Concepto e principios da arquitectura empresarial. Aliñamento entre estratexia, procesos, información, aplicacións e tecnoloxía. Marcos TOGAF e Archimate. Arquitecturas de referencia. Goberno da arquitectura, estándares, principios, catálogos, mapas e follas de ruta. Xestión do portfolio tecnolóxico e da débeda arquitectónica.
Tema 43. Arquitecturas distribuídas: Arquitecturas centralizadas, cliente-servidor, multicapa, distribuídas e descentralizadas. Escalabilidade horizontal e vertical. Elasticidade, resiliencia e tolerancia a fallos. Consistencia, dispoñibilidade e particións. Deseño de sistemas distribuídos, comunicación entre compoñentes, latencia, replicación e recuperación.
Tema 44. Arquitecturas orientadas a servizos, microservizos e APIs: SOA, microservizos e API First. API Gateway, Service Discovery, xestión de configuración, balanceo, resiliencia e versionado. Ciclo de vida das APIs. Seguridade, autenticación, autorización, control de tráfico, monitorización, documentación e goberno das APIs.
Tema 45. Arquitecturas orientadas a eventos: Modelos síncronos e asíncronos. Mensaxería, colas, publicación e subscrición, streaming e procesamento de eventos. Event Driven Architecture. Event sourcing e CQRS. Integración desacoplada. Trazabilidade, idempotencia, entrega de mensaxes e patróns de resiliencia..
Tema 46. Computación na nube: Conceptos, principios e características da computación na nube. Autoservizo baixo demanda, acceso amplo á rede, agregación de recursos, elasticidade rápida e servizo medido. Modelos IaaS, PaaS, SaaS, CaaS, FaaS e XaaS. Modelos de despregamento: nube pública, privada, comunitaria e híbrida. Estratexias de adopción cloud: rehost, replatform, refactor, repurchase, retain e retire. Goberno cloud, seguridade, cumprimento, operación, custos e nivel de servizo. Contratación e supervisión de servizos cloud no sector público.
Tema 47. Cloud híbrida, multicloud e soberanía dixital: Arquitecturas híbridas e multicloud. Interoperabilidade, portabilidade e reversibilidade. Xestión de identidades, redes, datos, seguridade e operación en contornos multicloud. Dependencia de provedores, continuidade, localización dos datos, xurisdición, cifrado e control operativo. Soberanía dixital e tecnolóxica. Modelos de goberno e decisión sobre cargas de traballo. FinOps, optimización de custos, GreenOps e sustentabilidade dos servizos cloud.
Tema 48. Arquitecturas cloud native: Principios cloud native. Aplicacións deseñadas para elasticidade, resiliencia, automatización e operación continua. Contedores, imaxes, rexistros e orquestración mediante Kubernetes. Despregamentos declarativos, GitOps, Helm, operadores e infraestrutura como código. Service Mesh, xestión de tráfico, seguridade entre servizos, observabilidade e control de configuración. Arquitecturas sen servidor, funcións, eventos, escalado automático e patróns de deseño cloud native..
Tema 49. Platform Engineering e plataformas internas: Concepto de Platform Engineering. Plataformas internas para desenvolvedores. Catálogo de servizos, golden paths, autoservizo, automatización e redución da complexidade cognitiva. Relación con DevOps, SRE, seguridade, arquitectura e equipos de produto. Xestión de plantillas, pipelines, contornos, observabilidade, segredos, políticas e cumprimento. Métricas de experiencia de desenvolvemento, produtividade, fiabilidade e tempo de entrega.
Tema 50. Observabilidade, fiabilidade e operación orientada a servizos: Monitorización fronte a observabilidade. Rexistros, métricas, trazas distribuídas e eventos. OpenTelemetry. Correlación de sinais, detección de anomalías e análise de causa raíz. Site Reliability Engineering. SLI, SLO, SLA e orzamentos de erro. Xestión de incidencias, postmortems sen culpa, automatización, xestión de capacidade e rendemento. Deseño para fiabilidade, degradación controlada, resiliencia e continuidade dixital.
Tema 51. Arquitecturas móbiles: Aplicacións nativas, híbridas e multiplataforma. Integración con servizos backend. Xestión de dispositivos móbiles. Seguridade, identidade, autorización, cifrado e publicación de aplicacións. Experiencia de usuario e accesibilidade móbil.
Tema 52. Tecnoloxías de rexistro distribuído: Blockchain e DLT. Estrutura dos bloques, hash, consenso, nodos e contratos intelixentes. Redes públicas, privadas e permisionadas. Casos de uso, limitacións, escalabilidade, seguridade, gobernanza e consumo enerxético.
Tema 53. Sistemas de información xeográfica: Principios dos sistemas GIS. Datos xeográficos, metadatos, capas, proxeccións e servizos xeoespaciais. Infraestruturas de datos espaciais. Estándares, visualización, análise territorial e aplicacións nas administracións públicas.
Tema 54. Automatización, BPM e hiperautomatización: Modelado de procesos. BPMN. Sistemas BPM. Motores de regras. Automatización robótica de procesos. Integración de procesos, datos, documentos, analítica e intelixencia artificial. Gobernanza da automatización e control de riscos.
Tema 55. Plataformas colaborativas e de aprendizaxe: Contornas colaborativas corporativas. Traballo dixital, comunicación, xestión do coñecemento e produtividade. Plataformas de aprendizaxe dixital. Interoperabilidade, estándares de contidos, accesibilidade, seguridade e protección de datos.
Tecnoloxías básicas e enxeñaría do software.
Tema 56. Sistemas operativos: Conceptos fundamentais. Procesos, memoria, entrada e saída, sistemas de ficheiros, seguridade e administración. Sistemas Linux, Unix e Windows. Virtualización, contedores e operación de sistemas.
Tema 57. Bases de datos: Bases de datos relacionais e non relacionais. Linguaxes de definición, manipulación e control. Integridade, concorrencia, transaccións, recuperación e replicación. Bases documentais, clave-valor, columnares, grafos e temporais.
Tema 58. Modelado de datos: Modelado conceptual, lóxico e físico. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización e desnormalización. Integridade referencial, restricións, deseño de esquemas, rendemento e calidade estrutural dos datos.
Tema 59. Xestión documental e de contidos: CMS, ECM e DMS. Clasificación, captura, indexación, preservación e recuperación documental. Integración coa tramitación administrativa. Accesibilidade, seguridade, metadatos e ciclo de vida documental.
Tema 60. Frameworks e plataformas de desenvolvemento: Frameworks de desenvolvemento empresarial. Plataformas Java, .NET, JavaScript e outras tecnoloxías de ampla implantación. Contornas de execución, criterios de selección, mantibilidade, seguridade, comunidade e soporte.
Tema 61. Servizos web e integración de aplicacións: REST, SOAP, GraphQL e arquitecturas baseadas en APIs. Contratos de servizo. Integración con sistemas corporativos. Rendemento, resiliencia, seguridade, versionado e trazabilidade das integracións.
Tema 62. Desenvolvemento para dispositivos móbiles: Arquitecturas móbiles. Aplicacións nativas e multiplataforma. Integración con backend. Xestión de sesións, identidade, autorización, cifrado, publicación, distribución e mantemento.
Tema 63. Enxeñaría do software: Proceso software. Modelos de ciclo de vida. Desenvolvemento tradicional, iterativo, incremental e áxil. Gobernanza do desenvolvemento. Calidade, mantibilidade, seguridade e evolución dos sistemas. Specification-Driven Development (SDD), Test-Driven Development (TDD) e Behavior-Driven Development (BDD). Integración continua, entrega continua e DevSecOps
Tema 64. Enxeñaría de requisitos: Obtención, análise, especificación, validación e trazabilidade dos requisitos. Xestión do cambio. Priorización, requisitos funcionais e non funcionais. Historias de usuario, casos de uso e criterios de aceptación.
Tema 65. Análise e deseño orientados a obxectos: Principios de orientación a obxectos. UML. Casos de uso. Diagramas de clases, secuencia, estados, actividades, compoñentes e despregamento. Modelado estrutural e de comportamento.
Tema 66. Arquitecturas de aplicacións: Arquitecturas multicapa, Clean Architecture, arquitectura hexagonal e DDD. Separación de responsabilidades. Patróns de deseño e antipatróns. Modularidade, testabilidade, mantibilidade e evolución arquitectónica.
Tema 67. Calidade e probas software: Verificación e validación. Probas unitarias, integración, sistema, aceptación, rendemento, seguridade e regresión. Automatización de probas. Cobertura, datos de proba, xestión de defectos e calidade do produto software.
Tema 68. Integración e entrega continua: CI/CD. Pipelines de construción, probas, análise de código, empaquetado e despregamento. Xestión de artefactos. Automatización, segregación de contornas, control de cambios e gobernanza da entrega.
Tema 69. Evolución e mantemento dos sistemas: Xestión da configuración e versionado. Mantemento correctivo, adaptativo, perfectivo e evolutivo. Débeda técnica. Refactorización, modernización, migración, obsolescencia tecnolóxica e continuidade do servizo.
Seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais
Tema 70. Marco normativo de protección de datos persoais: Normativa europea e estatal de protección de datos. Principios relativos ao tratamento. Bases xurídicas. Dereitos das persoas interesadas. Responsables, encargados e corresponsables. Rexistro de actividades, transferencias internacionais e réxime sancionador.
Tema 71. Privacidade e gobernanza dos datos persoais: Privacidade desde o deseño e por defecto. Avaliacións de impacto relativas á protección de datos. Delegado de protección de datos. Análise e xestión de riscos para os dereitos e liberdades das persoas. Medidas técnicas e organizativas. Relación entre privacidade, seguridade, transparencia, IA e reutilización de información.
Tema 72. Esquema Nacional de Seguridade: Principios básicos e requisitos mínimos. Categorización dos sistemas. Medidas organizativas, operacionais e de protección. Declaración e certificación de conformidade. Adecuación ao ENS. Guías, ferramentas e instrucións técnicas do Centro Criptolóxico Nacional.
Tema 73. NIS2 e gobernanza da ciberseguridade: Marco europeo de seguridade das redes e sistemas de información. Entidades esenciais e importantes. Medidas de xestión de riscos de ciberseguridade. Responsabilidades dos órganos de dirección. Cadea de subministración, seguridade de provedores e terceiros. Notificación de incidentes, continuidade, supervisión e réxime de cumprimento. Coordinación institucional, cooperación europea e relación co ENS, coas estratexias de ciberseguridade e coa xestión de servizos críticos.
Tema 74. Cyber Resilience Act e seguridade dos produtos dixitais: Seguridade dos produtos con elementos dixitais. Requisitos de seguridade por deseño e por defecto. Xestión de vulnerabilidades ao longo do ciclo de vida. Obrigas de fabricantes, importadores e distribuidores. Documentación técnica, avaliación de conformidade, marcado, soporte, actualizacións e comunicación de vulnerabilidades. Relación coa contratación pública de produtos dixitais, software, compoñentes, dispositivos IoT, plataformas e solucións cloud.
Tema 75. Estratexias e políticas públicas de ciberseguridade: Estratexias europea, estatal e autonómica de ciberseguridade. Normativa europea e española de protección das infraestruturas críticas. Gobernanza institucional da seguridade. Capacidades de prevención, detección, resposta, recuperación e cooperación. Papel de ENISA, autoridades nacionais, CSIRT, CCN-CERT e centros autonómicos. Cultura de ciberseguridade, formación, concienciación, protección de servizos públicos e colaboración público-privada.
Tema 76. Sistemas de xestión da seguridade da información e xestión de riscos: Goberno da seguridade da información. Análise, avaliación e tratamento dos riscos. Normas ISO/IEC 27001, 27002 e 27005. Políticas, procedementos, controis e mellora continua. Xestión de activos, ameazas, vulnerabilidades, impacto e apetito de risco. Cadros de mando de seguridade, indicadores, auditoría, cumprimento e integración co goberno TIC e co ENS.
Tema 77. Continuidade de negocio, recuperación e resiliencia operativa: Xestión da continuidade de negocio. Análise de impacto no negocio. Estratexias de continuidade, recuperación ante desastres e resiliencia operativa dixital. RPO, RTO, probas, exercicios e mantemento dos plans. Continuidade en arquitecturas cloud, híbridas e distribuídas. Relación coa xestión de crise, incidentes de ciberseguridade, dependencia de provedores e servizos esenciais.
Tema 78. Xestión de incidentes, análise forense e ameazas avanzadas: Ciclo de xestión de incidentes: preparación, identificación, contención, erradicación, recuperación e leccións aprendidas. Equipos CSIRT e SOC. Evidencias dixitais, cadea de custodia e análise forense. Análise de malware, vulnerabilidades e probas de intrusión. Ameazas persistentes avanzadas, ransomware, phishing, explotación de credenciais, ataques á cadea de subministración e técnicas de evasión.
Tema 79. Criptografía, identidade e servizos de confianza: Criptografía simétrica e asimétrica. Funcións hash, sinatura dixital, cifrado, integridade e non repudio. Infraestruturas de clave pública. Certificados dixitais, tarxetas criptográficas, módulos seguros e xestión de claves. Sinatura electrónica, selo electrónico, selo de tempo e servizos de confianza. Relación con eIDAS, identidade dixital, autenticación forte e protección de datos.
Tema 80. Seguridade de redes, identidades e arquitectura Zero Trust: Seguridade en redes corporativas, centros de datos, contornos cloud e postos cliente. Segmentación e microsegmentación. IAM, PAM, federación de identidades, autenticación multifactor, Single Sign-On e xestión do ciclo de vida das identidades. Zero Trust Architecture: verificación explícita, mínimo privilexio, avaliación continua, contexto, dispositivo, usuario, aplicación e dato. ZTNA, SASE, SSE, seguridade perimetral, seguridade interna e monitorización continua.
Tema 81. Seguridade cloud, contedores e DevSecOps: Modelo de responsabilidade compartida na nube. Goberno da seguridade cloud. Protección de identidades, redes, cargas de traballo, datos, segredos e configuracións. CSPM, CWPP, CNAPP, CASB e protección de contedores. Seguridade en Kubernetes, imaxes, rexistros, control de admisión, políticas, runtime e cadea de subministración software. DevSecOps, SSDLC, análise estática e dinámica, dependencia de librarías, SBOM, sinatura de artefactos, infraestrutura como código segura e automatización de controis.
Tema 82. Ciberintelixencia e seguridade da intelixencia artificial: Intelixencia de ameazas. Fontes, indicadores de compromiso, tácticas, técnicas e procedementos. Vixilancia dixital e análise de risco. Seguridade dos sistemas de IA. Ataques a modelos: prompt injection, data poisoning, model inversion, model extraction, manipulación de entradas, fuga de información e uso malicioso de IA xerativa. Medidas de protección, avaliación, monitorización, controis de acceso, rexistros, goberno e resposta ante incidentes en sistemas baseados en IA. Uso ofensivo e defensivo con IA.
Telecomunicacións e redes.
Tema 83. Lei xeral de telecomunicacións: Marco regulador das telecomunicacións e das infraestruturas dixitais. Lei Xeral de Telecomunicacións. Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. Operadores. Redes públicas. Infraestruturas en edificios públicos. Espectro radioeléctrico (visión xeral). Obrigacións de servizo.
Tema 84. Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e normativa de desenvolvemento: Decreto polo que se regula a incorporación das Infraestruturas de telecomunicacións nos edificios da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia e a súa integración na rede corporativa da Xunta de Galicia.
Tema 85. Fundamentos das redes de comunicacións: Modelo OSI. Arquitectura TCP/IP. Protocolos de rede e transporte. Direccionamento, encamiñamento, resolución de nomes, servizos básicos de rede e transición IPv4-IPv6.
Tema 86. Redes de acceso e transporte: Tecnoloxías de acceso fixo e móbil. Fibra, redes móbiles, tecnoloxías sen fíos e redes de nova xeración. Redes de transporte, agregación e operador. Calidade de servizo e dispoñibilidade.
Tema 87. Redes corporativas: Redes LAN, MAN e WAN. Segmentación, VLAN, electrónica de rede, encamiñadores, conmutadores e pasarelas. Redes definidas por software. SDN e SD-WAN. Monitorización, xestión e seguridade das comunicacións.
Tema 88. Comunicacións sen fíos e Internet das Cousas: Wi-Fi, Bluetooth, tecnoloxías móbiles e IoT. Sensores, actuadores, protocolos, comunicacións máquina a máquina e casos de uso. Seguridade, xestión e operación de dispositivos conectados.
Tema 89. Redes e servizos de interconexión administrativa: Rede SARA e infraestruturas de comunicación das administracións públicas. Interconexión de organismos, servizos compartidos, seguridade, dispoñibilidade, interoperabilidade e evolución das comunicacións administrativas.
Infraestruturas dixitais e operación dos servizos.
Tema 90. Centros de procesamento de datos: Deseño, organización e operación de centros de procesamento de datos. Infraestruturas físicas, electricidade, climatización, seguridade física, control de acceso, prevención de incendios, continuidade e eficiencia enerxética.
Tema 91. Virtualización, hiperconverxencia e almacenamento: Virtualización de servidores, escritorios, redes e almacenamento. Infraestruturas hiperconverxentes. Sistemas SAN, NAS e almacenamento definido por software. Replicación, rendemento, capacidade e administración.
Tema 92. Protección e recuperación da información: Copias de seguridade, restauración, replicación e recuperación ante fallos. RPO e RTO. Estratexias de backup a disco, en nube e híbridas. Protección fronte a ransomware, probas de recuperación e ciclo de vida da información.
Tema 93. Operación dos servizos dixitais. Automatización: Alta dispoñibilidade, balanceo de carga, clústeres, monitorización, observabilidade, automatización operativa e xestión de capacidade. Explotación de servizos TIC. Xestión de rendemento, dispoñibilidade, continuidade, eventos, incidencias e mellora operacional. Automatización da administración de sistemas e servizos. Infrastructure as Code, Configuration as Code, GitOps, aprovisionamento automatizado, xestión declarativa da infraestrutura e ferramentas de automatización.
ANEXO II
• Certificado de nivel avanzado de inglés das escolas oficiais de idiomas.
• Certificado de aptitude (ciclo superior) en inglés das escolas oficiais de idiomas.
• Mestre: especialidade lingua estranxeira (Inglés).
• Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira: Inglés.
• Diplomatura en Maxisterio con habilitación en Inglés.
• First Certificate in English (FCE- Cambridge English).
• Trinity College-Graded Examinations in Spoken English (GESE), grade 7, grade 8 ou grade 9.
• Trinity College-Integrated Skills in English Examinations ISE II (B2).
• London Test of English (LTE)/Pearson Test of English (PTE) General-Upper-Intermediate (level 3).
• London Test of English (LTE)/Pearson Test of English (PTE) Academic (59-75).
• TOEFL iBT (Test of English as a Foreign Language-Internet-based Test): 87-109.
• TOEFL PBT (Test of English as a Foreign Language-Paper-based Test): 570-630.
• ECCE (Examination for the Certificate of Competency in English-University of Michigan).
• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) inglés nivel B2.
• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles B2.
• Unicert Level 2.
• CLES 2 (Certificat de competences en langues de l’enseignement superieur).
• BEC 2: Vantage (Business English Certificate) Cambridge University.
• ICFE Vantage (International Certificate in Financial English) Cambridge University.
• TOEIC (Test of English for International Communication) (require a superación das catro destrezas: Listening 400-485, Reading 385-450, Speaking 160-190, Writing 150-190).
• IELTS (International English Language Testing System) 5.5.-6.5.
• BULATS inglés (60-74).
• APTIS (British Council) B2 (require a superación das catro destrezas).
• OTE (Oxford Test of English) 111-140 (require a superación das catro destrezas).
• Telc English B2.
• Anglia Examinations-Advanced/Advanced in Business English (require a superación das catro destrezas).
ANEXO III
(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.
..., ... de ... de 202...
ANEXO IV
(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, aos efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de , nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
(País e localidade)..., ... de ... de 202...
