DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42044

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se procede á publicación do requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427B).

No Diario Oficial de Galicia número 109, do 12 de xuño de 2026, publícase a Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427B).

A través da devandita orde convócanse as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o apoio aos centros de información á muller acreditados segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e a acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 8 da Orde do 3 de xuño de 2026. Así mesmo, no artigo 9 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non presentala, por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e procedeuse o 17 de xullo de 2026 á emisión do requirimento da correspondente emenda, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.

O parágrafo segundo do devandito artigo 12.1 da Orde do 3 de xuño de 2026 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427B), emitido o 17 de xullo de 2026, por non estar debidamente cubertas e/ou por non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI427B 2026).

2. De conformidade co requirimento, as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no devandito requirimento, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da devandita lei.

3. Informar as persoas interesadas que, de acordo co establecido no artigo 10 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos a este procedemento (https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=SI427B).

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, a través do teléfono 981 54 53 56.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

Eloína Ingerto López
Directora xeral de Promoción da Igualdade

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación (SI427B 2026)

Asunto: Requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estar debidamente cubertas e/ou por non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 17 de xullo de 2026.

Efectos: no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da devandita lei.

Órgano instrutor: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:

Núm. expte.

Entidade local
(por orde alfabética)

NIF

Documentación requirida

SI427B 2026/30

Concello da Estrada

P3601700B

Aclaración sobre a cobertura do posto de asesoramento xurídico, xa que na aplicación Novocim consta que a profesional rematou a súa relación laboral o 1 de febreiro de 2026.

SI427B 2026/84

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Convenio de colaboración cos concellos do Castro de Caldelas e San Xoán de Río.
2. Anexo III.1.

3. Anexo III.2 do posto de asesoramento xurídico: non consta o nome ou a razón social nin o NIF.

SI427B 2026/52

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

Anexo I: asinado polo/a alcalde/esa ou polo/a concelleiro/a delegado/a correspondente (a representación do Concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes da alcaldía, non no persoal do Concello).

SI427B 2026/59

Concello de Ares

P1500400E

1. Aclaración sobre a cobertura do posto de atención psicolóxica, xa que na aplicación Novocim non consta o profesional que están imputando á subvención, polo que non queda acreditado que cumpra os requisitos establecidos no Decreto 130/2016, do 15 de setembro. Ademais, nesta aplicación consta que este servizo é prestado por outra persoa, a que tamén exerce a dirección.

2. Posto de dirección: solicitan a axuda para este posto que está cuberto mediante un contrato temporal, pero de acordo co establecido no artigo 6.1.2 das bases reguladoras o posto de dirección baixo esta modalidade contractual non é subvencionable.

SI427B 2026/65

Concello de Arteixo

P1500500B

1. Anexo II: as contías solicitadas non coinciden coas indicadas nos anexos III.2.

2. Anexo III.1 e anexo III.2 do posto de asesoramento xurídico: o custo total do primeiro período non é correcto.

SI427B 2026/78

Concello de Arzúa

P1500600J

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. Anexo III.1: os custos do posto de asesoramento xurídico non son correctos, só están indicando a base impoñible, non os custos totais.

3. Convenio de colaboración cos concellos de Boimorto e Santiso.

4. Aclaración sobre cal é o posto subvencionado a través da axuda da Deputación da Coruña (FOAI 2026).

SI427B 2026/08

Concello de Boqueixón

P1501200H

Convenio de colaboración vixente co Concello de Vedra (a prórroga do convenio anterior rematou en febreiro de 2026).

SI427B 2026/46

Concello de Bueu

P3600400J

Aclaración sobre a cobertura do posto de atención psicolóxica, xa que na aplicación Novocim consta que causou baixa o 28 de abril de 2025.

SI427B 2026/81

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

1. Aclaración sobre o tipo de vinculación da técnica de igualdade/directora e da psicóloga, xa que os datos indicados nos anexos III.1 e III.2 non son coincidentes.

2. Memoria de aforro de custos: non presentada.

SI427B 2026/73

Concello de Cee

P1502300E

Memoria de aforro de custos: a presentada non está asinada pola representante legal do Concello.

SI427B 2026/45

Concello de Coirós

P1502700F

Anexos III.2 dos postos de dirección e atención psicolóxica: os importes das retribucións íntegras e cotizacións sociais non coinciden coas indicadas no anexo III.1.

SI427B 2026/39

Concello de Culleredo

P1503100H

1. Acreditación de que ten remitidas as contas do exercicio 2024 ao Consello de Contas de Galicia.
2. Acreditación da representatividade da concelleira de Cohesión Social, Recursos Humanos e Réxime Interior para actuar en nome do Concello.

SI427B 2026/55

Concello de Curtis

P1503200F

1. Anexos III.2: non presentados.

2. Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que non o indicaron no anexo III.1.

SI427B 2026/33

Concello de Ferrol

P1503700E

Anexo III.2 do posto de axente de dinamización: o importe solicitado no primeiro período non coincide co indicado nos anexos I e II.

SI427B 2026/51

Concello de Maceda

P3204400J

Anexo II: as contías solicitadas non coinciden co indicado no anexo I nin coa suma das contías indicadas nos anexos III.2.

SI427B 2026/82

Concello de Melide

P1504700D

Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que non o indicaron no anexo III.1.

SI427B 2026/29

Concello de Mos

P3603300I

Anexo II: non presentado.

SI427B 2026/80

Concello de Muros

P1505400J

1. Anexos III.2: non presentados.

2. Memoria de aforro de custos: a presentada non está asinada pola representante legal do Concello.

SI427B 2026/64

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Anexo I: no presentado non está cuberto o cadro da axuda solicitada.

2. Anexos II e II.bis: non presentados.
3. Convenio de colaboración cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón.

4. Anexo III.2 do posto de atención psicolóxica: non constan os datos da persoa que presta o servizo cando na aplicación Novocim consta que este posto está ocupado por unha funcionaria.

SI427B 2026/83

Concello de Padrón

P1506600D

1. Anexo II.bis: non presentado.

2. Anexos III.2: nesta dirección xeral consta unha certificación da secretaría dese concello do 1 de xuño de 2026, na que queda acreditado que nin a asesora xurídica/directora nin a psicóloga están a tempo completo, polo que deberán achegar uns novos anexos III.2 acordes cos datos que constan naquel certificado.

SI427B 2026/21

Concello de Poio

P3604100B

1. Anexo III.1: o importe das cotizacións sociais do segundo período non é correcto.

2. Anexo III.2 do posto de asesoramento xurídico/dirección: a contía das cotizacións sociais do primeiro período e a contía das retribucións do segundo período non son correctas.

SI427B 2026/44

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Anexos III.2: as contías solicitadas por períodos non coinciden coas que constan no anexo II.

2. Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable (non pode ser cero).

SI427B 2026/25

Concello de Ribadeo

P2705100B

Anexo II: no presentado non está cuberto o punto 1.d).

SI427B 2026/66

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Aclaración sobre a cobertura do posto de dirección, xa que a profesional que imputan á subvención non consta na aplicación Novocim, polo que non queda acreditado que cumpra os requisitos establecidos no Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

SI427B 2026/40

Concello de Sanxenxo

P3605100A

Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que non o indicaron no anexo III.1.

SI427B 2026/61

Concello de Teo

P1508300I

Anexos I e III.1: asinados polo/a alcalde/esa ou polo/a concelleiro/a delegado/a correspondente (a representación do Concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes da alcaldía, non no persoal do Concello).

SI427B 2026/68

Concello de Viana do Bolo

P3208700I

Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que non o indicaron no anexo III.1.

SI427B 2026/69

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Anexo III.2 do posto de asesoramento xurídico: ao tratarse dunha contratación externa, os datos deben cubrirse no punto 2 do anexo (contratación mercantil ou externa).

SI427B 2026/74

Concello do Grove

P3602200B

1. Anexos III.2: a suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas que constan no anexo II.

2. Aclaración sobre a cobertura do posto de atención psicolóxica/dirección, xa que na aplicación Novocim non consta a profesional que están imputando á subvención, polo que non queda acreditado que cumpra os requisitos establecidos no Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
3. Aclaración sobre o número estimado de mulleres atendidas no período subvencionable, xa que non o indicaron no anexo III.1.

SI427B 2026/71

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

Anexos III.2: a suma das contías solicitadas non coincide coas contías indicadas nos anexos I e II.

SI427B 2026/50

Concello do Porriño

P3603900F

Anexos III.2: a suma dos importes das cotizacións sociais do primeiro período non coincide co importe indicado no anexo III.1.

SI427B 2026/42

Mancomunidade de Ordes

P1500003G

Anexo III.1: os importes das retribucións íntegras nos dous períodos non son correctos (indican o número de postos, non os importes).

SI427B 2026/41

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda

P3200027E

1. Anexo I: no presentado non está cuberto o cadro da axuda solicitada.

2. Anexo III.1.