DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42618

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos.

A Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 231, do 28 de novembro) pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O anterior exercicio realizouse o día 16 de xuño de 2026.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo ao que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal