De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas titulares que se mencionan no anexo as incoacións dos expedientes sancionadores PO-S-110/2025 e PO-S-119/2025, xa que, logo de intentar as notificacións polo medio habitual, estas non se puideron efectuar.
Nestes mesmos actos, designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. As persoas interesadas poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación dos procedementos, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A resolución destes expedientes sancionadores, en materia de turismo, correspóndelle á persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, segundo dispón o artigo 19.4 g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, en relación co disposto no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución destes procedementos sancionadores deberá notificarse no prazo dun ano desde a data dos devanditos acordos.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, conforme ao que establece o artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, perante o instrutor o procedemento e para a súa incorporación a este, as alegacións, documentos e informacións que estimen convenientes e, se é o caso, para propoñer que se practiquen os medios de proba dos que pretenda valerse. Advírteselles de que, de non formularen alegacións no prazo indicado, estes acordos se considerarán propostas de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da devandita lei.
Conforme ao establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmanse as persoas imputadas de que a sanción indicada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % no caso de que recoñezan a súa responsabilidade ou de que paguen voluntariamente en calquera momento anterior á resolución ou o 40 % no caso de que recoñezan a súa responsabilidade e, ademais, paguen voluntariamente en calquera momento anterior á resolución.
Pontevedra, 21 de xullo de 2026
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-S-110/2025.
Titular sancionado: María del Carmen Darriba Carballo.
Establecemento: Lar de Carmen.
Domicilio: Rosalía de Castro, 16, baixo 11.
Localidade: Soutomaior.
Incoación: 27 de xaneiro de 2026.
Precepto infrinxido: artigos 35.b) e c) e 62.bis.2 de la Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Sanción proposta: 2.500,00 euros.
Expediente: PO-S-119/2025.
Titular sancionado: Daniel García Ramírez.
Establecemento: Alojamiento Pichi, 1.
Domicilio: travesía de Vigo, 167, 1º esq.
Localidade: Vigo.
Incoación: 19 de febreiro de 2026.
Precepto infrinxido: artigos 35.b) e c) e 62.bis.2 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Sanción proposta: 2.500,00 euros.
