DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 42982

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2026.

De conformidade co establecido no artigo 12 da Orde do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2026 e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas convocadas para o ano 2026, aos solicitantes que se relacionan no anexo I.

Segundo. Desestimar a solicitude de subvención relacionada no anexo II polo incumprimento do recollido no apartado 1.a) 6º, do artigo 4, da orde de convocatoria: «Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2025 antes do día 1 de marzo de 2026».

Terceiro. Desestimar as solicitudes de axuda relacionadas no anexo III, por non acadar a puntuación mínima requirida de 5 puntos para ter a consideración de persoas beneficiarias, tal como se recolle no artigo 10 da orde.

Cuarto. Desestimar as solicitudes de axuda relacionadas no anexo IV para a acción 2.1.4, concretamente para a renovación de cera, por ser persoas beneficiarias de esta acción e para este concepto en 2023 e/ou 2025, en aplicación do recollido no artigo 11 do Regulamento 126/2022 da Comisión do 7 de decembro de 2021 polo que se completa o Regulamento (UE) núm. 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude do devandito regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM), por ser considerada a renovación de cera como un investimento que debe ter unha durabilidade mínima de tres anos e co obxecto de garantir que non se está substituíndo por un activo igual financiado anteriormente.

Quinto. Desestimar as solicitudes de axuda relacionadas no anexo V para as accións sinaladas por incumprimento do recollido no apartado 1.g) do artigo 6 ou apartado 1.o) do artigo 7 «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar».

Sexto. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

2. Aplicación orzamentaria: 15.04.713E.770.2 e crédito orzamentario: 1.475.918 €. A dotación orzamentaria da orde da que derivan as presentes axudas procede dos fondos Feaga da Unión Europea (737.959 €), dos orzamentos xerais do Estado (368.980 €) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (368.979 €).

3. Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027 e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

4. Réxime das axudas:

Estas axudas outórganse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) núm. 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) núm. 1305/2013 e (UE) núm. 1307/2013, que contempla no seu artigo 55 os tipos de intervencións para realizar no sector apícola e a axuda financeira da Unión para esta intervención, destinada á elaboración de programas nacionais para mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, que quedarán condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.

O procedemento de concesión destas axudas tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Destinatarios:

a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida contempladas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

b) As agrupacións de apicultores/as, na medida que as súas persoas socias ou asociadas beneficiarias das axudas cumpran cos requisitos establecidos na letra a) do apartado 1 do artigo 4 da orde de convocatoria.

6. Xustificación:

A data límite para a presentación das xustificacións técnicas e económicas da realización do programa será o 15 de agosto de 2026. O pagamento tramitarase logo de xustificación da execución do proxecto no prazo sinalado e, para tal efecto, o beneficiario deberá presentar a documentación requirida na orde de axudas.

7. Recursos:

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén se poderá interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Persoas beneficiarias e importe concedido

Núm. expediente

Nome/razón social

NIF

Total

API-2026-32-001

Aroamel TC

***7427**

3.354,15 €

API-2026-32-004

Raquel Rodríguez Martínez

***7033 **

72,90 €

API-2026-32-005

Flora Fernández Fernández

***2851 **

65,00 €

API-2026-15-007

Asociación Galega de Apicultura - AGA

***0772 **

424.015,76 €

API-2026-27-008

Gosto Productores, S.L.

***4318 **

9.326,00 €

API-2026-32-009

Agrupación para o Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

***2524 **

316.762,78 €

API-2026-27-010

Catalina Ruiz Cabrera

***6618 **

10.511,10 €

API-2026-32-011

Asociación Apícola Abellas Nais

***4674**

156.363,86 €

API-2026-27-012

Asoc. Prov. Lucense de Apicultura de Lugo

***0222**

204.403,59 €

API-2026-32-013

Asoc. Galega de Apicultores Profesionais

***4962**

122.363,23 €

API-2026-27-014

Cauru, Sociedad Cooperativa Galega

***2796**

11.869,20 €

API-2026-27-015

Pazo de Lusío

***9909 **

32.080,80 €

API-2026-15-016

Asociación Casa do mel

***2438 **

58.962,69 €

API-2026-32-017

Apiben, S.C.

***4296 **

14.542,42 €

API-2026-32-018

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292 **

8.392,80 €

API-2026-27-019

Mieles Anta, S.L.

***3516 **

57.511,78 €

API-2026-15-020

Apia Natura, S.L.

***9088 **

361,26 €

API-2026-15-021

Apícola del Noroeste, S.L.U.

***9409 **

400,00 €

API-2026-15-022

Elías Seoane Corral

***0638**

1.204,20 €

ANEXO II

Solicitude de axuda denegada polo incumprimento do recollido no apartado 1.a) 6º do artigo 4 da orde de convocatoria

Núm. expediente

Nome/razón social

NIF

Acción denegada

API-2026-32-006

Susana Vega Domínguez

***7027 **

2.1.1

ANEXO III

Solicitudes de axuda denegadas por non acadar a puntuación mínima requirida de 5 puntos para ter a consideración de persoas beneficiarias, tal como se recolle no artigo 10 da orde

Núm. expediente

Nome/razón social

NIF

Accións denegadas

API-2026-27-002

Emilio Míguez Vázquez

***1066**

2.1.1

API-2026-27-003

Silvia Licencín Licencín

***2167**

2.1.1, 2.5.1, 2.5.6

ANEXO IV

Solicitudes de axuda denegadas para a acción 2.1.4, concretamente para a renovación de cera, por ser persoas beneficiarias desta acción e para este concepto en 2023 e/ou 2025, en aplicación do recollido no artigo 11 do Regulamento 126/2022 da Comisión do 7 de decembro de 2021 polo que se completa o Regulamento (UE) núm. 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans
estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude do devandito
regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1
das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM).

Núm. expediente

Nome/razón social

NIF

Acción 2.1.4 renovación de cera

API-2026-15-007

Asociación Galega de Apicultura-AGA

***0772**

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

API-2026-32-009

Agrup. Desenvolvemento e Formación do Sector apícola galego

***2524***

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

API-2026-32-011

Asociación Apícola Abellas Nais

***4674**

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

API-2026-27-012

Asoc. Prov. Lucense de Apicultura de Lugo

***0222 **

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

API-2026-32-013

Asoc. Galega de Apicultores Profesionales

***4962 **

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

API-2026-15-016

Asociación Casa do mel

***2438**

Beneficiarios en 2023 e/ou 2025

ANEXO V

Solicitudes de axuda denegadas para as accións sinaladas por incumprimento
do recollido no apartado 1.g) do artigo 6 ou apartado 1.o) do artigo 7 «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non
vinculación entre as empresas invitadas a ofertar»

Núm. expediente

Nome/razón social

NIF

Accións denegadas

API-2026-32-001

Aroamel TC

***7427 **

2.5.4

API-2026-15-007

Asociación Galega de Apicultura-AGA

***0772**

2.1.8, 2.5.4, 3.1

API-2026-27-008

Gosto Productores, S.L.

***4318 **

2.5.4

API-2026-32-009

Agrupación. para o Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

***2524 **

2.1.8, 2.5.4

API-2026-27-010

Catalina Ruiz Cabrera

***6618 **

2.5.4

API-2026-27-015

Pazo de Lusío

***9909 **

2.5.4

API-2026-32-017

Apiben, S.C.

***4296 **

2.5.4

API-2026-32-018

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292 **

2.5.4

API-2026-27-019

Mieles Anta, S.L.

***3516 **

2.5.4