DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha praza de técnico de persoal, grupo A2, escala de Administración xeral, subescala técnica.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 26 de xuño de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha praza de técnico/a de persoal, grupo A2, escala de Administración xeral, subescala técnica, do Concello de Lalín.

Esta convocatoria de bases publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 130, do 10 de xullo de 2026, e tamén se publicará un anuncio destas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no seu taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 10 de xullo de 2026

José Crespo Iglesias
Alcalde