A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de xuño de 2026, adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente o Estudo de detalle para a reordenación de volumes e reaxuste de aliñacións na parcela sita na rúa Pedraserrada, núm. 44 (referencia catastral 0820622NH1101N0001FE), promovido por Miguel Chaves García e redactado polo arquitecto Alberto Martínez Otero (versión emendada de marzo de 2026), de conformidade co disposto nos artigos 79 e 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
2. Someter o expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra, para a presentación de alegacións, de conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
3. Notificarlles o presente acordo ás persoas propietarias e demais titulares de dereitos reais sobre os predios comprendidos no ámbito do estudo de detalle e demais interesadas e interesados directamente afectados.
4. Solicitarlle, unha vez finalizado o período de información pública, o informe preceptivo e vinculante ao Servizo do Litoral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da Xunta de Galicia, en cumprimento do artigo 117.2 da Lei 22/1988, de costas, anterior á aprobación definitiva do instrumento.
Réxime de recursos: contra este acordo, por ser un acto de trámite que non decide nin directa nin indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe a interposición de ningún recurso, sen prexuízo dos que poidan interpoñerse contra o acordo que poña fin ao expediente, con base na nulidade ou anulabilidade deste acordo.
O documento de aprobación inicial poderase consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, do Concello da Illa de Arousa (rúa Palmeira, número 25), das 9.00 ás 13.00 horas.
Conforme ao establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, poderán presentarse alegacións a este acordo no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Illa de Arousa, 18 de xuño de 2026
Luis Arosa García
Alcalde
