DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na zona Z4-R15 (parcelas Z4-R15L e Z4-R15P) do ámbito SURT-1 de San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2.7.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle na zona Z4-R15 (parcelas Z4-R15L e Z4-R15P) do ámbito SURT-1 San Pedro de Visma (sector 2), abril 2026, promovido por Visma Homes, S.L., Promexin, S.L. e Cricorde, S.L., e redactado e asinado dixitalmente polos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide, colexiados números 2.391 e 3.307, respectivamente, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos concordantes do regulamento de desenvolvemento desta lei, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificarlles este acordo ao promotor do documento, ás persoas interesadas no procedemento e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

Cuarto. Facultar a Alcaldía-Presidencia para cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin do acordo adoptado.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello a través da páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe Planeamento vixente, ou ben na mesma páxina web mediante o visor Desenvolvemento PGOM 2013.

Dado que este acordo constitúe unha disposición administrativa de carácter xeral, contra el pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e conforme a dereito.

A Coruña, 6 de xullo de 2026

A alcaldesa
P. D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP número 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda