Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme ao establecido no artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas ou cando non sexa posible practicar as notificacións, estas efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo. A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. Para tal fin, requíreselles a execución das tarefas nun prazo máximo de quince días naturais, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.
Unha vez que transcorra o devandito prazo, e no caso de que persista no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve, tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselle de que o incumprimento da xestión da biomasa, conforme ao artigo 21.ter da Lei 3/2007, poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, de acordo co establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, infórmanse as persoas interesadas de que poden acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
Cenlle, 14 de xullo de 2026
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
157/2026 |
Serafina Villar Iglesias |
32026A011000270000TP |
|
170/2026 |
Manuel Sierra Carrasco |
32026A020002520000TX |
|
181/2026 |
Antonio Ordóñez Fernández |
32026A015000120000TI |
|
193/2026 |
Pastora García Docampo |
32026A037001440000TX |
|
214/2026 |
Bernardino Rivera Conde |
1581110NG7858N0001RR |
|
221/2026 |
Jaime González Rodríguez |
32026A015003670001YD |
|
223/2026 |
María Eva Fernández Rodríguez |
32026A005000530000TE |
|
228/2026 |
Esperanza Ordóñez Mosquera |
32026A015000100000TD |
|
231/2026 |
Carmen Rodríguez Iglesias |
32026A015000530000TH |
|
234/2026 |
En investigación |
32026A016001060000TM |
|
238/2026 |
Florinda González Baca |
32026A010000930000TO |
|
239/2026 |
Antonio Vázquez |
32026A036005110001YG |
|
239/2026 |
Modesto Vázquez Domínguez |
32026A036002820000TG |
