Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SMC729, substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42, no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/118-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 24 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/118-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación da LMTA SMC729, substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42.
Concello: Cambre.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data da ocupación |
|
1 |
Pazos de Abaixo |
15017A025001770000MA |
Familia Echevarría |
10.8.2026 |
|
2 |
Pazo, 2 |
001200700NH59D0001JR |
Familia Echevarría |
10.8.2026 |
