DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 5 de agosto de 2026 Páx. 43314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación da declaración mineromedicinal e termal das augas do antigo balneario As Caldas ás procedentes da sondaxe denominada P2, no concello de Ourense.

O Departamento Territorial de Ourense dá a coñecer que a sociedade Álvarez Herrero NG, S.L. solicitou a ampliación da declaración mineromedicinal e termal das augas do antigo balneario As Caldas ás procedentes da sondaxe denominada P2 do manancial As Caldas situadas no lugar coas coordenadas (ETRS89, fuso 29), propiedade da devandita entidade:

Sondaxe

X

Y

P2

592.191

4.689.395

Esta información faise pública segundo o disposto no artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 29 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense