En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/promotora: Olivento, S.L. (NIF: B84172790).
Domicilio social: paseo de La Castellana, 91, 11º, 28046 Madrid.
Denominación do proxecto: parque eólico Repotenciación Serra da Loba.
Nº de expediente: IN408A 2025/018.
Concellos afectados: Guitiriz e Xermade (Lugo), Aranga e Monfero (A Coruña).
Potencia que se instalará: 36 MW (5 aeroxeradores a 7,2 MW).
Potencia a autorizar/evacuable: 36 MW.
Orzamento de execución material: 29.840.382,79 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Localización (área de afección):
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:
|
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X (m) |
Y (m) |
|
|
V1 |
584.616,00 |
4.793.215,00 |
|
V2 |
585.467,00 |
4.793.465,00 |
|
V3 |
586.372,00 |
4.795.085,00 |
|
V4 |
588.050,00 |
4.796.361,00 |
|
V5 |
588.112,00 |
4.797.276,00 |
|
V6 |
590.704,00 |
4.798.841,00 |
|
V7 |
591.182,00 |
4.798.841,00 |
|
V8 |
591.182,00 |
4.798.405,00 |
|
V9 |
591.045,00 |
4.798.326,00 |
|
V10 |
590.338,00 |
4.798.326,00 |
|
V11 |
590.338,00 |
4.798.125,00 |
|
V12 |
588.590,00 |
4.797.035,00 |
|
V13 |
588.536,00 |
4.796.102,00 |
|
V14 |
586.758,00 |
4.794.750,00 |
|
V15 |
585.965,00 |
4.793.332,00 |
|
V16 |
585.965,00 |
4.792.892,00 |
|
V17 |
589.042,00 |
4.792.603,00 |
|
V18 |
589.288,00 |
4.791.380,00 |
|
V19 |
587.426,00 |
4.789.892,00 |
|
V20 |
587.212,00 |
4.789.876,00 |
|
V21 |
586.643,00 |
4.790.102,00 |
|
V22 |
586.366,00 |
4.791.622,00 |
|
V23 |
585.542,00 |
4.792.546,00 |
|
V24 |
584.616,00 |
4.792.546,00 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X (m) |
Y (m) |
|
|
L-1 |
586.904,00 |
4.792.247,00 |
|
L-2 |
587.289,00 |
4.791.090,00 |
|
L-3 |
587.217,00 |
4.790.422,00 |
|
L-4 |
588.598,00 |
4.792.101,00 |
|
L-5 |
588.717,00 |
4.791.590,00 |
Coordenadas da torre meteorolóxica:
|
Torre meteorolóxica |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X (m) |
Y (m) |
|
|
TM |
586.636,00 |
4.791.114,00 |
Características técnicas da instalación:
– Cinco (5) aeroxeradores tripá do fabricante Vestas modelo V-172, de 7,2 MW de potencia nominal, cun diámetro de rotor de 172 m e unha altura de buxa de 114 m, que se corresponden cos aeroxeradores L-1 a L-5.
– Cinco (5) centros de transformación de 8.400 kVA de potencia e relación de transformación 0,72/20 kV, que se instalarán no interior de cada aeroxerador, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.
– Rede soterrada de 20 kV para conectar os aeroxeradores coa subestación transformadora Serra da Loba 66/20 kV, composta por dous circuítos con cable unipolar de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV Al, e seccións de 240-400-500 mm².
– Rede de comunicacións Ethernet co fin de realizar as tarefas de monitorización e control do parque eólico, que usará como soporte un cable de fibra óptica que enlaza os diferentes aeroxeradores co servidor SCADA.
– Unha torre meteorolóxica definitiva de 114,2 metros de altura, con capacidade autoportante, equipada cos seus correspondentes equipamentos de medición.
– Subestación transformadora Serra da Loba 20/66 kV, a subestación actual é válida para a conexión do parque eólico Serra da Loba repotenciado, tanto pola capacidade de transformación como pola súa propia configuración, con dúas celas de liña de 20 kV existentes que permiten a conexión dos dous circuítos en que se distribuirá o sistema colector da nova planta eólica.
• Realizarase a substitución dunha das celas de 20 kV, cunha intensidade nominal de 630 A, por unha de idénticas características pero cunha intensidade nominal de 1250 A, para permitir a conexión do circuíto 1 (aeroxeradores L-1 a L-3), intensidade máxima prevista de 656 A.
– Unha liña aérea de alta tensión de 66 kV para evacuar a enerxía xerada desde a subestación transformadora Serra da Loba 20/66 kV, cunha lonxitude total de 15,5 km, coa subestación Sidegasa 66 kV, pertencente á rede de distribución xestionada por UFD Distribución Electricidad, S.A.
• Dous circuítos trifásicos con condutores de aluminio con alma de aceiro 242-AL1/39-ST1A (LA-280, Hawk), tendidos sobre torres metálicas en configuración «barril».
• Un dos circuítos conéctase á subestación Serra da Loba, para a evacuación da enerxía dos parques eólicos Serra da Loba e Pena Revolta.
• O segundo circuíto conéctase á subestación do parque eólico Touriñán IV (Serra de O Moncoso), para a evacuación de enerxía de dita planta eólica.
Órgano competente:
O órgano competente para autorizar o proxecto das referidas instalacións eléctricas é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental:
O proxecto das referidas instalacións eléctricas está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública:
De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:
1. O proxecto de execución: parque eólico Serra da Loba Repotenciación e infraestruturas de evacuación. Proxecto de execución Renovación tecnolóxica parque eólico Serra da Loba. Outubro 2025 (asinado o 15.12.2025).
2. O estudo de impacto ambiental (EsIA): Estudo de impacto ambiental relativo á renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Loba. Municipios de Aranga e Monfero (Provincia da Coruña) e Guitiriz e Xermade (Provincia de Lugo). Decembro 2025 (asinado o 19.12.2025).
Esta documentación estará á disposición para a súa consulta nas seguintes dependencias administrativas:
– Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, 5781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa no correo electrónico sxrenovables.medio-ambiente@xunta.gal ou no teléfono 981 54 55 73.
– Servizos de Enerxías Renovables e Infraestruturas dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), con cita previa no correo electrónico renovables.medioambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39, e da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), con cita previa no correo electrónico enerxiasrenovables.coruna@xunta.gal ou nos teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83.
– Casas do concello de Guitiriz, Xermade, Aranga e Monfero.
Así mesmo, a documentación estará dispoñible no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
Todo o anterior faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
