Segundo o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, os artigos 9 e 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a devandita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo ás designacións formalizadas pola Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (ANPE-Galicia), pola Consellería de Política Social e Igualdade, pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Federación de Centros de Educación e Xestión, por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de xullo de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesamentos.
Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:
1º. En representación do profesorado de ensino público, por proposta da Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (ANPE-Galicia):
Julio Díaz Escolante.
2º. En representación da Consellería de Política Social e Igualdade:
María Quintiana Pérez.
3º. En representación da Universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:
José Ángel Armas Castro.
4º. En representación dos titulares de centros privados, por proposta da Federación de Centros de Educación e Xestión:
Juana María Otero Torres.
Artigo 2. Nomeamentos
Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:
1º. En representación do profesorado de ensino público, por proposta da Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (ANPE-Galicia):
Julio César Trashorras de la Fuente.
2º. En representación da Consellería de Política Social e Igualdade:
Eloína Ingerto López.
3º. En representación da Universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:
Javier Rico Díaz.
4º. En representación dos titulares de centros privados, por proposta da Federación de Centros de Educación e Xestión:
Francisco Barros Sanmartín.
O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exercen.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
