Advertido erro na publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 138, do 24 de xullo de 2026, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 40983, onde di: «Cando entre o 20 % e o 30 % da formación do catálogo de especialidade SEPE estea relacionada con especialidades con nivel medio de inserción: 1 punto.», debe dicir: «Cando entre o 10 % e o 20 % da formación do catálogo de especialidades SEPE estea relacionada con especialidades con nivel medio de inserción: 1 punto.» e onde di: «Cando entre o 20 % e o 30 % formación do catálogo de especialidade SEPE estea relacionada con especialidades con nivel alto de inserción: 3 puntos.», debe dicir: «Cando entre o 10 % e o 20 % formación do catálogo de especialidades SEPE estea relacionada con especialidades con nivel alto de inserción: 3 puntos.».
