DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 6 de agosto de 2026 Páx. 43374

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 28 de xullo de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

No Diario Oficial de Galicia núm. 93, do 21 de maio de 2026, publícase a Orde do 11 de maio de 2026, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e procédese á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 14 da mesma orde, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Logo da instrución do procedemento, do día 28 de xullo de 2026, o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións para o fomento da realización de actividades de voluntariado.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do día 28 de xullo de 2026, para o procedemento BS508B de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado para o ano 2026, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de xullo de 2026 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Logo de notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 28 de xullo de 2026 da concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B)

O día 21 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 93 a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non presentala, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos esixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O día 7 de xullo de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, o día 24 de xullo de 2026 e de acordo co disposto nos artigos 11, 12 e 13 da devandita orde de convocatoria, reuniuse a Comisión Avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria, así como para proceder a elaborar o correspondente informe no que figuran as entidades con proxectos valorados.

Logo de emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 13 da orde de convocatoria a proposta de resolución o día 24 de xullo de 2026.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 13 da Orde do 11 de maio de 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas polo órgano instrutor e que se relacionan no anexo I, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 12 da Orde do 11 de maio de 2026, de acordo coa descrición dos parámetros elaborados para o cumprimento do requirido pola Asesoría Xurídica no seu informe do 29 de abril de 2026, por un importe total 126.760,72 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 11 de maio de 2026 e, especialmente, ás establecidas no artigo 19.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 16 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizáranse de acordo co previsto no artigo 18 da mesma convocatoria.

Segundo. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 13 e disposición adicional segunda da Orde do 11.5.2026). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

BS508B Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Núm.

Núm. exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2026/118

Asociación Altaír Galiza

G27439124

A Coruña

75,28

1.530,44 €

2

2026/061

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

73,22

1.488,56 €

3

2026/013

Fundación Abrente

G70397849

A Coruña

72,53

1.474,54 €

4

2026/009

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

71,53

1.454,21 €

5

2026/064

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

A Coruña

70,81

1.439,57 €

6

2026/018

Asociación de Búsqueda y Salvamento de Galicia

G70420021

A Coruña

69,20

1.406,84 €

7

2026/108

Asociación Andaina pro Saúde Mental

G70264999

A Coruña

69,03

1.403,38 €

8

2026/036

Asociación Xuvenil, Cultural, Deportiva e de Promoción da Saúde Integrad@S

G15973357

A Coruña

68,65

1.395,66 €

9

2026/107

Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco

G15229057

A Coruña

68,44

1.391,39 €

10

2026/086

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

A Coruña

68,31

1.388,75 €

11

2026/039

Acción Familiar Ferrol-AFA Ferrol

G15745466

A Coruña

68,03

1.383,05 €

12

2026/043

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

A Coruña

68,03

1.383,05 €

13

2026/098

Aspronaga, Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

A Coruña

67,93

1.381,02 €

14

2026/016

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

A Coruña

67,78

1.377,97 €

15

2026/023

Asociación Galega de Fibrose Quística, AGFQ

G15088396

A Coruña

67,75

1.377,36 €

16

2026/002

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas

G15031537

A Coruña

66,53

1.352,56 €

17

2026/092

Arquitectura Sin Fronteras España, Asf-Demarcación Galicia

G60192614

A Coruña

65,63

1.334,25 €

18

2026/066

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami

G32115941

A Coruña

65,03

1.322,06 €

19

2026/058

Fundación Ingada

G70394374

A Coruña

64,55

1.312,30 €

20

2026/024

Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña, Grumico

G15038797

A Coruña

64,46

1.310,47 €

21

2026/091

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

A Coruña

64,43

1.309,86 €

22

2026/110

Asociación Solidariedade Internacional de Galicia

G36833648

A Coruña

63,62

1.293,39 €

23

2026/104

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

A Coruña

63,41

1.289,12 €

24

2026/011

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

63,40

1.288,92 €

25

2026/103

Cruz Roja Española, Comité Autonómico de Galicia

Q2866001G

A Coruña

62,53

1.125,00 €

26

2026/056

Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela

G70521240

A Coruña

62,03

1.261,07 €

27

2026/106

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

61,68

1.253,95 €

28

2026/030

Federación Galega de Bandas de Música Populares, FGBMP

G15110893

A Coruña

60,95

1.239,11 €

29

2026/083

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

A Coruña

59,28

1.205,16 €

30

2026/055

Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela

G15775604

A Coruña

59,03

1.200,08 €

31

2026/059

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

A Coruña

58,84

1.196,22 €

32

2026/113

Federación ASDE-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia

G70305008

A Coruña

58,21

1.183,41 €

33

2026/019

Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos

G15074743

A Coruña

57,78

1.174,67 €

34

2026/042

Federación Alcer Galicia

G70474556

A Coruña

56,17

1.141,94 €

35

2026/032

Asociación de Migrantes de Galicia, Amiga

G70578083

A Coruña

53,03

1.078,10 €

36

2026/112

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

52,96

1.076,67 €

37

2026/054

Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, AXF

G15121676

A Coruña

52,32

1.063,67 €

38

2026/017

Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea

G15483498

A Coruña

52,25

1.062,25 €

39

2026/040

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

A Coruña

52,17

1.060,62 €

40

2026/073

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

A Coruña

52,03

1.057,77 €

41

2026/109

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

G15731466

A Coruña

49,18

999,83 €

42

2026/004

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Igaxes

G15784978

A Coruña

47,94

974,62 €

43

2026/105

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

A Coruña

46,56

946,56 €

44

2026/033

Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia-Asanog

G70349360

A Coruña

43,50

884,36 €

45

2026/026

Fundación Ronsel

G15752660

A Coruña

41,28

839,22 €

46

2026/014

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños y Otras Demencias, Afaber

G15821572

A Coruña

40,78

829,06 €

47

2026/034

Asociación Alcer-Coruña, para a Loita contra as Enfermidades do Ril

G15058647

A Coruña

38,37

780,07 €

48

2026/060

Asociación de Padres, Madres, Profesionales y Amistades de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia

G15771777

A Coruña

36,28

399,56 €

49

2026/020

Asociación Cultural Nosa Señora da O

G75314450

A Coruña

34,22

695,69 €

50

2026/031

Asociación Escuela Shantidi

G27477744

Lugo

78,91

1.604,24 €

51

2026/084

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

Lugo

76,27

1.550,57 €

52

2026/116

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

Lugo

70,42

1.431,64 €

53

2026/028

Alume Saúde Mental

G27198977

Lugo

63,71

1.295,23 €

54

2026/053

Club Piragüismo Cidade de Lugo

G27107176

Lugo

62,59

1.272,46 €

55

2026/046

Asociación Saúde Mental, A Mariña

G27262799

Lugo

62,23

1.265,13 €

56

2026/005

Asociación Cultural Semente Coral

G22856074

Lugo

61,11

1.242,37 €

57

2026/088

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo, Cogami Lugo

G27219773

Lugo

59,78

1.169,42 €

58

2026/006

Asociación Cultural Airiños do Miño de Meira

G01863182

Lugo

59,11

1.201,71 €

59

2026/062

Fundación Juan Soñador

G24452435

Lugo

58,58

1.190,93 €

60

2026/007

Asociación Cultural Lucus Vivace

G70798582

Lugo

58,11

1.181,38 €

61

2026/047

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Lugo

56,71

1.152,92 €

62

2026/025

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

Lugo

53,78

1.093,35 €

63

2026/076

Asociación Alcer-Lugo, para a Loita contra as Enfermidades Renais

G27015866

Lugo

52,28

1.062,85 €

64

2026/041

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

Lugo

49,79

1.012,23 €

65

2026/015

Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer y otras Demencias, AFA Viveiro

G27341940

Lugo

47,78

971,37 €

66

2026/100

Asociación Auxilia-Lugo

G08317059

Lugo

40,28

818,89 €

67

2026/063

Asociación de Minusválidos Benxamín Paz Cordal, Ambepa

G27160597

Lugo

36,60

744,08 €

68

2026/027

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo, Afalu

G27285980

Lugo

29,34

596,48 €

69

2026/001

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia

G32302671

Ourense

71,06

1.444,65 €

70

2026/099

Asociación Amigas da Terra

G32242422

Ourense

69,78

1.418,63 €

71

2026/010

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

64,78

1.316,98 €

72

2026/071

Asociación Participacción

G32477127

Ourense

60,53

894,00 €

73

2026/003

Club Fluvial Allariz

G32102899

Ourense

56,61

1.150,88 €

74

2026/050

Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Ourense, Alcer Ourense

G32011041

Ourense

48,28

981,53 €

75

2026/035

Fundación Hospital Asilo de Nuestra Señora de los Ángeles

G32008633

Ourense

46,53

945,96 €

76

2026/111

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

Ourense

45,28

920,54 €

77

2026/093

Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, Aodemper

G32209983

Ourense

44,89

912,61 €

78

2026/094

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Orense

G28197564

Ourense

44,79

910,58 €

79

2026/115

Asociación Sustinea

G32422834

Ourense

42,78

869,72 €

80

2026/022

Asociación Autismo Ourense

G32249484

Ourense

42,54

864,84 €

81

2026/080

Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa-EVD Galicia

R3600131A

Pontevedra

76,21

1.549,35 €

82

2026/070

Asociación San Xerome Emiliani

G36018802

Pontevedra

69,00

1.402,77 €

83

2026/074

Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción)

R3600091G

Pontevedra

64,63

1.313,92 €

84

2026/072

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

Pontevedra

64,16

1.304,37 €

85

2026/075

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia, Afaga

G36776920

Pontevedra

62,40

1.268,59 €

86

2026/068

Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama, Adicam

G36380301

Pontevedra

62,03

1.261,07 €

87

2026/079

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

Pontevedra

61,39

1.248,06 €

88

2026/090

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

G94153053

Pontevedra

58,53

1.189,92 €

89

2026/037

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

Pontevedra

58,39

1.187,07 €

90

2026/051

Comunidade de Montes de Teis

V36841047

Pontevedra

57,74

1.173,85 €

91

2026/008

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

56,66

1.151,90 €

92

2026/052

Asociación Peques Azules

G72900699

Pontevedra

56,42

1.147,02 €

93

2026/029

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

Pontevedra

55,28

1.123,84 €

94

2026/114

Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

G94202223

Pontevedra

54,62

1.110,42 €

95

2026/048

Escola de Tempo Libre Xaruma

G36817385

Pontevedra

52,03

1.057,77 €

96

2026/065

Down Vigo, Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Pontevedra

51,11

1.039,07 €

97

2026/077

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

R3600368I

Pontevedra

51,06

1.038,05 €

98

2026/045

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, Anedia

G94079050

Pontevedra

49,89

1.014,26 €

99

2026/101

Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual, Sálvora

G36733046

Pontevedra

49,28

1.001,86 €

100

2026/012

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Pontevedra

48,64

988,86 €

101

2026/087

Somosterra Sociedade Cooperativa Galega

F27874528

Pontevedra

48,53

986,62 €

102

2026/078

Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia

G94197217

Pontevedra

46,87

952,87 €

103

2026/097

Federación Galega de Piragüismo

G36040764

Pontevedra

46,50

945,35 €

104

2026/038

Asociación Xaruma

G27746486

Pontevedra

46,44

944,13 €

105

2026/117

Asociación Fontaíña

G36964146

Pontevedra

46,28

669,76 €

106

2026/095

Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, Cemma

G15400500

Pontevedra

45,91

933,35 €

107

2026/102

Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace

G36153757

Pontevedra

44,25

899,61 €

108

2026/089

Asociación Consejo Español para la Defensa de la Discapacidad y la Dependencia Galicia

G55429922

Pontevedra

42,28

859,55 €

109

2026/021

Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, Aceesca

G36021970

Pontevedra

39,78

808,73 €

110

2026/049

Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, ALCER Pontevedra

G94096088

Pontevedra

34,06

692,44 €

111

2026/081

Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo

G94149655

Pontevedra

30,53

620,68 €

112

2026/044

Traviesas Hockey Club

G36680239

Pontevedra

28,04

570,06 €

Total

126.760,72 €

ANEXO II

BS508B Solicitudes denegadas

Núm.

Núm. exp.

Solicitante

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2026/067

Fundación de Ayuda Intercambio y Desarrollo Activo

G56324197

Pontevedra

Non estar inscrita no RAV. Artigo 3.1.a)

2

2026/096

Fundación Raiola

G15390636

A Coruña

Non estar inscrita no RAV. Artigo 3.1.a)