BDNS (Identif.) 922365.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/922365
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estudantado que inicia estudos de grao e máster na Universidade de Vigo no curso 2026/27.
Segundo. Obxecto
Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria incentivando a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na titulación.
Categoría A: convócanse 105 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de grao.
Categoría B: convócanse 35 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de máster universitario.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 29 de xullo de 2026 pola que se convocan as bolsas Santander Axuda Económica 2026, Premios á Excelencia Académica, para o estudantado que inicia estudos de grao e máster universitario nesta universidade no curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de cento corenta mil euros (140.000,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 30 de xullo ata o 13 de outubro de 2026.
Vigo, 29 de xullo de 2026
A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026, DOG do 8 de xullo)
María Dolores González Álvarez
Vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria
