BDNS (Identif.): 922697.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/922697
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2025/26.
Segundo. Obxecto
Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria atendendo de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2025/26 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de xullo de 2026 pola que se convocan as bolsas Santander axuda económica 2026-premios á excelencia académica para o estudantado que iniciou estudos de doutoramento nesta universidade no curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de dezaoito mil euros (18.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 31 de xullo ata o 15 de outubro de 2026.
Vigo, 30 de xullo de 2026
A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026, DOG do 8 de xullo)
María Dolores González Álvarez
Vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria
