DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 6 de agosto de 2026 Páx. 43393

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola (Resolución do 9 de decembro de 2025), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 28 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 11 de decembro) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e co disposto nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo, aprobados polo tribunal na sesión que tivo lugar o 15 de maio de 2026, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte e cinco (25) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A tramitación destas alegacións deberá presentarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, e deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe Expediente-e: Idiomas-Galego. Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes, publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal