DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2026/032-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 4.2.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Regulamentación da LMT SCV825 no lugar da Medorra.

Situación: lugar da Medorra, concello do Pereiro de Aguiar.

Orzamento: 105.962,62 €.

Características técnicas:

• Substitución do apoio núm. D62-21, do tipo HV, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000, que se despraza lixeiramente baixo a traza da LMTA existente conforme os planos do proxecto.

• Desmontaxe do tramo de LMTA SCV825 entre o apoio existente núm. D62-15-1 e o novo apoio núm. D62-21.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 705 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), coa orixe no paso A/S para realizar no apoio existente núm. D62-15-1 e final no paso A/S para realizar no novo apoio núm. D62-21 da LMTA SCV825.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 16 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense