DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 43950

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adxudican destinos nas oficinas xudiciais ao persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda promoción interna) nas probas selectivas para ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda promoción interna) convocadas pola Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza resolveuse adxudicar destinos nas oficinas xudiciais que se relacionan no anexo ao persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda promoción interna), nomeado funcionario de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 31 de xullo de 2026, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. As persoas funcionarias do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza ás que se lles outorga destino, deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do 1 de setembro de 2026, de acordo co establecido no artigo 29 do devandito real decreto, e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. As persoas funcionarias destinadas en virtude desta resolución, que pertenzan xa como titulares ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos devanditos corpos, non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no apartado primeiro, lle comuniquen, no seu caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos esta opción, para os efectos de declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Remitirase ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza unha copia da resolución pola que se lle declara en situación de excedencia voluntaria.

Terceiro. No caso de que as persoas funcionarias optasen por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e quixesen evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, salvo aqueles que teñan que desprazarse desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, nese caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, e deberase gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio.

No caso de que a persoa funcionaria proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberase remitir esta documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial e o cesamento automático coa data do día anterior en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co obxecto de evitar interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. En calquera caso unha vez que se dilixencie a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado á persoa interesada e o cuarto para constancia no órgano xudicial.

Quinto. As persoas funcionarias interinas que actualmente ocupen prazas que lles foron adxudicadas aos aspirantes aprobados, cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, en virtude do artigo 498 da Lei orgánica do poder xudicial 6/1985, do 1 de xullo, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles aspirantes que teñan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Sétimo. As persoas funcionarias do corpo de xestión procesual e administrativa, ás que se lles outorga destino en virtude desta resolución, non obstante ao ser destinadas con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos terase en conta o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Oitavo. As prazas ofrecidas ás persoas aspirantes mediante a Resolución do 12 de xuño de 2026 (Boletín Oficial del Estado do 25 de xuño), non adxudicadas na presente resolución, manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que poidan anunciarse como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público, ou no caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as prazas desertas existentes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo perante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Núm. de opositor/a

NIF

Apelidos, nome

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

1

***9722**

Doval Rodríguez, Lucía

Servizo Común de Execución-Área Penal

Xestión-SCEX Penal

XG92583030150306012.00

A Coruña

A Coruña

2

***7086**

Corral Rodríguez, Aurora María

Oficina de Xustiza de Cabana de Bergantiños

Xestión-Secretaría OXM (posto compatible coa oficina de xustiza)

XG9258400015014501.00

Cabana de Bergatiños

A Coruña