DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 44033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2026 (expediente 518/2026).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0616, do 30 de xuño de 2026, adoptouse o seguinte acordo:

Aprobar a seguinte oferta de emprego público para o ano 2026, que contén os seguintes postos de traballo:

Quenda libre:

Persoal funcionario

Nº de prazas

Denominación

Escala

Grupo

1

Axente de policía local

AE

C1

1

Arquitecto/a técnico/a

AE

A2

1

Limpador/a

AE

AP

1

Técnico/a de medio ambiente

AE

A2

1

Conserxe-limpador/a

AE

AP

1

Auxiliar de biblioteca

AE

C1

6

Total

En cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no 205 da Lei 2/2015, do emprego de Galicia, publícanse as anteriores ofertas de emprego público do Concello de Silleda, tanto no BOP de Pontevedra como no Diario Oficial de Galicia, así como na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer subsidiariamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o acordou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, a que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis adecuado en dereito.

Silleda, 17 de xullo de 2026

Paula Mª Fernández Pena
Alcaldesa