O Diario Oficial de Galicia número 87, do 3 de maio de 2024, publica a Resolución do 24 de abril do 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G).
O Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2024, publica a Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632G).
De conformidade co disposto na Resolución do 24 de abril de 2024, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 15 de xullo de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, dita a resolución de revisión dos módulos económicos.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de xullo de 2026 pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Resolución do 24 de abril do 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G), que se xunta á presente resolución como anexo.
Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á dita publicación.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na
Resolución do 24 de abril do 2024 pola que se convoca o procedemento de
asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos
de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con
trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano
cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028,
e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G)
O Diario Oficial de Galicia número 87, do 3 de maio de 2024, publica a Resolución do 24 de abril do 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G).
O Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2024, publica a Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028.
O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.
A Resolución do 24 de abril de 2024 establece que os módulos económicos serán revisables conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.
Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 26 de marzo de 2025, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, que determina un incremento nas retribucións salariais das persoas incluídas no seu ámbito de aplicación para as anualidades 2025 a 2028.
Mediante Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 26 de novembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 239, do 11 de decembro de 2025, a Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G), conforme os incrementos retributivos propostos para o ano 2025 no XVI Convenio colectivo.
De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa antedita Resolución do 24 de abril de 2024, e tendo en conta o incremento retributivo establecido no XVI convenio colectivo para o ano 2026,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos establecidos na Resolución do 17 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G).
O incremento de prezos ascende a 92.816,41 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2026 e á aplicación que corresponda para os anos 2027 e 2028, coa seguinte distribución:
|
Orzamento 2026 |
Orzamento 2027 |
Orzamento 2028 |
Total orzamento |
|
42.838,35 € |
42.838,35 € |
7.139,71 € |
92.816,41 € |
A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.
Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:
a) Servizos para persoas dependentes con trastorno do espectro autista:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020601 Servizo de atención diúrna terapéutica |
1.572,29 €/mes |
62,89 € |
1.635,18 €/mes |
b) Servizos para persoas dependentes con discapacidade física:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais-Internado 365 días |
1.305,59 €/mes |
52,22 € |
1.357,81 €/mes |
c) Servizos para persoas dependentes con parálise cerebral:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020309 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
3.962,48 €/mes |
158,50 € |
4.120,98 €/mes |
d) Servizos para persoas dependentes con dano cerebral adquirido:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020409 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
3.974,28 €/mes |
158,97 € |
4.133,25 €/mes |
|
020402 Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía |
885,82 €/mes |
35,43 € |
921,25 €/mes |
e) Servizo para persoas dependentes con discapacidade intelectual:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020507 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
3.611,29 €/mes |
144,45 € |
3.755,74 €/mes |
|
020508 Servizo de atención residencial terapéutica-ocupacional-Internado 365 días |
2.169,35 €/mes |
86,77 € |
2.256,12 €/mes |
|
020501 Servizo de atención diúrna terapéutica |
1.416,66 €/mes |
56,67 € |
1.473,33 €/mes |
|
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais-Internado 365 días |
1.263,79 €/mes |
50,55 € |
1.314,34 €/mes |
Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 29 de febreiro de 2028.
As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos, e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a presente actualización de prezos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á dita publicación.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base trixésimo sexta da Resolución do 24.4.2024). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.
ANEXO
Orzamento por entidade e servizo concertado
|
Expediente |
Entidade |
Servizo concerto |
Total prazas |
IVE |
Orzamento |
Orzamento 2027 |
Orzamento 2028 |
Total orzamento |
|
Trastorno do espectro autista |
||||||||
|
BS632G-1/2024 |
Asociación Raiolas Lugo |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
10 |
Exento |
2.386,59 € |
2.386,59 € |
397,77 € |
5.170,95 € |
|
Total |
10 |
2.386,59 € |
2.386,59 € |
397,77 € |
5.170,95 € |
|||
|
Discapacidade física |
||||||||
|
BS632G-2/2024 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) |
Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
5 |
Exento |
1.028,86 € |
1.028,86 € |
171,47 € |
2.229,19 € |
|
Total |
5 |
1.028,86 € |
1.028,86 € |
171,47 € |
2.229,19 € |
|||
|
Parálise cerebral |
||||||||
|
BS632G-3/2024 |
Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines (Amencer-Aspace) |
Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
12 |
Exento |
8.492,73 € |
8.492,73 € |
1.415,45 € |
18.400,91 € |
|
Total |
12 |
8.492,73 € |
8.492,73 € |
1.415,45 € |
18.400,91 € |
|||
|
Dano cerebral adquirido |
||||||||
|
BS632G-4/2024 |
Fundación de Daño Cerebral (Fudace) |
Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
12 |
Exento |
8.772,11 € |
8.772,11 € |
1.462,02 € |
19.006,24 € |
|
Total |
12 |
8.772,11 € |
8.772,11 € |
1.462,02 € |
19.006,24 € |
|||
|
BS632G-5/2024 |
Asociación Personas Afectadas por Daño Cerebral Adquirido de Ourense-Renacer |
Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía |
10 |
Exento |
1.482,48 € |
1.482,48 € |
247,08 € |
3.212,04 € |
|
Total |
10 |
1.482,48 € |
1.482,48 € |
247,08 € |
3.212,04 € |
|||
|
Discapacidade intelectual |
||||||||
|
BS632G-6/2024 |
Asociación Pro-Minusválidos del Ortegal (Aspromor) |
Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
3 |
Exento |
1.821,88 € |
1.821,88 € |
303,64 € |
3.947,40 € |
|
Total |
3 |
1.821,88 € |
1.821,88 € |
303,64 € |
3.947,40 € |
|||
|
BS632G-7/2024 |
Asociación Juan XXIII |
Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días |
12 |
Exento |
7.287,54 € |
7.287,54 € |
1.214,59 € |
15.789,67 € |
|
Total |
12 |
7.287,54 € |
7.287,54 € |
1.214,59 € |
15.789,67 € |
|||
|
BS632G-8/2024 |
Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño (Aspadisi) |
Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional-Internado 365 días |
15 |
Exento |
4.652,59 € |
4.652,59 € |
775,44 € |
10.080,62 € |
|
Total |
15 |
4.652,59 € |
4.652,59 € |
775,44 € |
10.080,62 € |
|||
|
BS632G-9/2024 |
Asociación Juan XXIII |
Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional-Internado 365 días |
12 |
Exento |
3.722,07 € |
3.722,07 € |
620,35 € |
8.064,49 € |
|
Total |
12 |
3.722,07 € |
3.722,07 € |
620,35 € |
8.064,49 € |
|||
|
BS632G-10/2024 |
Fundación Eu Son |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
5 |
Exento |
1.089,93 € |
1.089,93 € |
181,65 € |
2.361,51 € |
|
Total |
5 |
1.089,93 € |
1.089,93 € |
181,65 € |
2.361,51 € |
|||
|
BS632G-11/2024 |
Fundación Igual Arte |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
5 |
Exento |
1.089,93 € |
1.089,93 € |
181,65 € |
2.361,51 € |
|
Total |
5 |
1.089,93 € |
1.089,93 € |
181,65 € |
2.361,51 € |
|||
|
BS632G-13/2024 |
Asociación de Persoas con Discapacidade Avante |
Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais-Internado 365 días |
5 |
Exento |
1.011,64 € |
1.011,64 € |
168,60 € |
2.191,88 € |
|
Total |
5 |
1.011,64 € |
1.011,64 € |
168,60 € |
2.191,88 € |
|||
|
Total orzamento convocatoria BS632G |
106 |
42.838,35 € |
42.838,35 € |
7.139,71 € |
92.816,41 € |
|||
