O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.
O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.
O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal preciso para a súa prestación.
As organizacións sindicais Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal incluído no ámbito do Convenio colectivo da hostalaría na provincia da Coruña e que se desenvolverá o 12 de agosto de 2026 durante as 24 horas do día.
Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
A convocatoria de folga referida na parte expositiva deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.
Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.
De acordo co anterior, debe garantirse en todo momento a atención ás persoas usuarias do sistema sanitario público cuxa asistencia non poida ser aprazada sen consecuencias negativas para a súa saúde, asegurando a continuidade asistencial e a cobertura das necesidades básicas inherentes á prestación sanitaria.
Con esta finalidade, establécense os servizos mínimos esenciais nos centros de traballo afectados pola folga, que se recollen no anexo desta orde, co obxecto de preservar o funcionamento imprescindible daqueles servizos directamente vinculados á atención sanitaria.
No caso dos servizos de hostalaría, a súa prestación efectúase a través de terceiros, no marco dunha organización en que interveñen distintas entidades, cuxa execución resulta indispensable para garantir a adecuada alimentación das persoas ingresadas, así como do persoal de garda, e constitúen un elemento esencial da atención sanitaria, xa que inciden directamente no proceso asistencial e na evolución clínica das persoas ingresadas, así como no mantemento das condicións hixiénico-sanitarias exixibles.
Nestas áreas de traballo é preciso garantir a dispoñibilidade de alimentos das persoas usuarias e do persoal de garda. Considérase que os mínimos necesarios para a súa atención son os efectivos que de xeito habitual prestan servizo nos festivos e domingos, naqueles centros que dispoñen de persoal neses días.
Nos centros en que o traballo está organizado para que o persoal non preste servizos os días festivos, é preciso manter unha actividade que garanta que non se rompan as existencias de alimentos preparados nas unidades, sen que sexa posible asumila sen romper a cadea de produción nos restantes días da semana. Por iso, nestes casos considérase necesario tomar como referencia o 60 % do persoal da quenda de traballo, imprescindible para garantir un mínimo funcionamento da cadea de elaboración, empratado, distribución e recollida de comidas e utensilios.
Os servizos mínimos establecidos responden a un xuízo de proporcionalidade, ao seren idóneos para garantir o servizo esencial, necesarios ao non existiren outras medidas menos restritivas e proporcionados en sentido estrito ao limitárense ao indispensable para asegurar a cobertura básica.
Artigo 2
A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios da empresa con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será realizada pola dirección da empresa e notificada ao persoal designado.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.
Artigo 3
Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos establecidos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías á poboación e ás persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou os incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Efectivos de servizos mínimos
Área Sanitaria da Coruña e Cee
Hospital Universitario A Coruña
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
3 |
2 |
- |
|
Cociñeiros/as |
2 |
1 |
- |
|
Cafetaría de público (4º andar) |
|||
|
Camareiros/as |
4 |
3 |
- |
|
Cociñeiros/as |
2 |
1 |
- |
|
Auxiliares de limpeza |
1 |
1 |
|
Hospital Teresa Herrera
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
3 |
2 |
- |
|
Cociñeiros/as |
2 |
1 |
- |
Hospital Marítimo de Oza
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
1 |
- |
- |
|
Cociñeiros/as |
1 |
- |
- |
Hospital Abente y Lago
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
1 |
- |
- |
Centro de Especialidades do Ventorrillo
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
1 |
- |
- |
Hospital Virxe da Xunqueira-Cee
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
1 |
1 |
- |
|
Cociñeiros/as |
1 |
1 |
- |
|
Axudantes de cociña |
1 |
1 |
- |
|
Dietistas |
1 |
- |
- |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Hospital Clínico Universitario de Santiago
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Dietistas |
1 |
1 |
- |
|
Andar baixo |
|||
|
Camareiros/as |
5 |
2 |
- |
|
Cociñeiros/as |
2 |
1 |
- |
|
Auxiliares de limpeza |
1 |
1 |
- |
|
5º andar |
|||
|
Camareiros/as |
2 |
- |
- |
|
Auxiliares de limpeza |
1 |
- |
- |
Hospital Provincial de Conxo
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
3 |
1 |
- |
|
Cociñeiros/as |
2 |
1 |
- |
|
Auxiliares de limpeza |
1 |
1 |
- |
|
Dietistas |
1 |
1 |
- |
Hospital Psiquiátrico de Conxo
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
1 |
- |
- |
Área Sanitaria de Ferrol
Hospital Arquitecto Marcide
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
2 |
2 |
- |
|
Cociñeiros/as |
1 |
1 |
- |
Hospital Naval
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
2 |
1 |
- |
Punto de Atención Continuada das Pontes
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
- |
1 |
- |
Punto de Atención Continuada de Fene
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
- |
1 |
- |
Punto de Atención Continuada de Narón
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
- |
1 |
- |
Punto de Atención Continuada de Ortegal-Ortigueira
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
- |
1 |
- |
Punto de Atención Continuada de San Sadurniño
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Camareiros/as |
- |
1 |
- |
