DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44128

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e de impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento TR811A).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2025, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 3 de febreiro de 2026, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

A Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social é o órgano competente para ditar esta resolución segundo o disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 23 de decembro de 2025 e o establecido no artigo 43.1.b) do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

No artigo 37.1 da devandita orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións 14.04.324C.444.0, 14.04.324C.445.0, 14.04.324C.460.0 e 14.04.324C.481.1 cunha contía inicial de seiscentos noventa mil euros (690.000,00 €) distribuída en dúas anualidades, correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No artigo 37.2 establécese que a distribución inicial poderá alterarse, logo das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía das entidades que vaian realizar as actividades que resulten subvencionadas.

Unha vez instruídos os expedientes, e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesaria unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo, para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2026 e 2027, sen variar o orzamento total, da seguinte maneira:

Aplicacións

orzamentarias

Proxecto

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

14.04.324C.444.0

2016 00305

11.160,00 €

30.000,00 €

41.160,00 €

14.04.324C.445.0

2016 00305

0,00 €

11.337,63 €

11.337,63 €

14.04.324C.460.0

2016 00305

54.120,00 €

30.000,00 €

84.120,00 €

14.04.324C.481.1

2016 00305

199.720,00 €

353.662,37 €

553.382,37 €

Total

265.000,00 €

425.000,00 €

690.000,00 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2026

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social