O Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo de 2025, publica a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I).
O Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 2025, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 30 de abril de 2025, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029.
De conformidade co disposto na Resolución do 24 de febreiro de 2025, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 15 de xullo de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, dita a resolución de revisión dos módulos económicos.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de xullo de 2026 pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I), que se xunta á presente resolución como anexo.
Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á dita publicación.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución pola que se revisan os módulos económicos establecidos na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I)
O Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo de 2025, publica a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I).
O Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 2025, publica a Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 30 de abril de 2025, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029.
O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.
A Resolución do 24 de febreiro de 2025 establece que os módulos económicos serán revisables conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.
Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 26 de marzo de 2025, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, que determina un incremento nas retribucións salariais das persoas incluídas no seu ámbito de aplicación para as anualidades 2025 a 2028.
Mediante Resolución da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, do 27 de novembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 239, do 11 de decembro de 2025, a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I), conforme os incrementos retributivos propostos para o ano 2025 no XVI convenio colectivo.
De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa antedita Resolución do 24 de febreiro de 2025, e tendo en conta o incremento retributivo establecido no XVI convenio colectivo para o ano 2026,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos establecidos na Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I).
O incremento de prezos ascende a 51.434,46 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2026 e á aplicación que corresponda para os anos 2027 a 2029, coa seguinte distribución:
|
Orzamento 2026 |
Orzamento 2027 |
Orzamento 2028 |
Orzamento 2029 (ata o 11 de maio) |
Total orzamento |
|
15.312,87 € |
15.312,87 € |
15.312,87 € |
5.495,85 € |
51.434,46 € |
A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.
Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:
|
Servizo |
Prezo sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
020507 Servizo de atención residencial terapéutica |
3.611,29 €/mes |
144,45 € |
3.755,74 €/mes |
|
020508 Servizo de atención residencial terapéutica ocupacional |
2.169,35 €/mes |
86,77 € |
2.256,12 €/mes |
Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 11 de maio de 2029.
As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos, e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a presente actualización de prezos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á dita publicación.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base trixésimo sexta da Resolución do 24.2.2025). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.
ANEXO
Orzamento por entidade e servizo concertado
|
Expediente |
Entidade |
Servizo concerto |
Total prazas |
IVE |
Orzamento 2026 |
Orzamento 2027 |
Orzamento 2028 |
Orzamento 2029 |
Total orzamento |
|
BS632I-1/2025 Lote 1 |
Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) |
Servizo de atención residencial terapéutica |
15 |
Exento |
9.109,42 € |
9.109,42 € |
9.109,42 € |
3.269,41 € |
30.597,67 € |
|
Total |
15 |
9.109,42 € |
9.109,42 € |
9.109,42 € |
3.269,41 € |
30.597,67 € |
|||
|
BS632I-1/2025 Lote 2 |
Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) |
Servizo de atención residencial terapéutica ocupacional |
20 |
Exento |
6.203,45 € |
6.203,45 € |
6.203,45 € |
2.226,44 € |
20.836,79 € |
|
Total |
20 |
6.203,45 € |
6.203,45 € |
6.203,45 € |
2.226,44 € |
20.836,79 € |
|||
|
Total orzamento da convocatoria BS632I |
35 |
15.312,87 € |
15.312,87 € |
15.312,87 € |
5.495,85 € |
51.434,46 € |
|||
