DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2026 pola que se autoriza a Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L. e a Juan Ramón Escobar del Valle a permuta de puntos de fondeadoiro e dos artefactos Lobeira I e Ostrasa V.

Antecedentes:

1. O día 21 de maio de 2026 Jorge Busto Barreiro (NIF ***3575**), en representación da sociedade Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L. (NIF B70439575), solicita permiso para permutar os puntos de ancoraxe entre as bateas denominadas Lobeira I e Ostrasa V, sen traslado de artefactos.

2. A interesada achega a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

3. O día 26 de xuño de 2026 o Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura emite informe técnico-biolóxico favorable.

4. O día 9 de xullo de 2026 emite informe favorable a Subdirección Xeral de Gardacostas.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde á conselleira do Mar, de conformidade co disposto na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños de Galicia, así como na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadoiro e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, delégase esta competencia nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadoiro e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

3. Examinada a documentación que figura no expediente e atendendo aos informes técnicos emitidos, a permuta de puntos de fondeadoiro e artefactos solicitada axústase á normativa de aplicación, polo que procede a súa autorización.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Autorizar a Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L. e Juan Ramón Escobar del Valle a permuta dos seguintes puntos de fondeadoiro e artefactos:

Nome: Lobeira I RA01631

Nome: Ostrasa V RA01358

Localización:

– Cuadrícula núm.: 116

– Polígono: E

– Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Localización:

– Cuadrícula núm.: 85

– Polígono: B

– Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Especie autorizada:

– Mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Especie autorizada:

– Mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Medidas do artefacto:

– 6 flotadores cilíndricos de 4 m de longo e 2,20 m de diámetro

– Estrutura: 20 m de longo x 27 m de ancho

Medidas do artefacto:

– 6 flotadores cilíndricos de 4 m de longo e 2 m de diámetro

– Estrutura: 20 m de longo x 27 m de ancho

Titular:

– Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L.

(NIF: B70439575)

Titular:

– Juan Ramón Escobar del Valle

(NIF: ***6580**)

Rega: ES150670075501

Rega: ES150670055601

Como consecuencia da permuta, resulta a seguinte localización dos títulos habilitantes e dimensións dos artefactos:

Nome: Lobeira I RA01631

Nome: Ostrasa V RA01358

Localización:

– Cuadrícula núm.: 85

– Polígono: B

– Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Localización:

– Cuadrícula núm.: 116

– Polígono: E

– Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Especie autorizada:

– Mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Especie autorizada:

– Mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Medidas do artefacto:

– 6 flotadores cilíndricos de 4 m de longo e 2 m de diámetro

– Estrutura: 20 m de longo x 27 m de ancho

Medidas do artefacto:

– 6 flotadores cilíndricos de 4 m de longo e 2,20 m de diámetro

– Estrutura: 20 m de longo x 27 m de ancho

Titular:

– Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L.

(NIF: B70439575)

Titular:

– Juan Ramón Escobar del Valle

(NIF: ***6580**)

Rega: ES150670075501

Rega: ES150670055601

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. As persoas titulares das concesións administrativas adaptarán as placas identificativas dos viveiros ao disposto nesta resolución no prazo máximo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución; deben comunicalo a este departamento territorial e achegar fotografía da nova placa.

Segunda. No mesmo prazo indicado na condición anterior, presentarán o certificado acreditativo da vixencia do seguro de responsabilidade civil en que conste a nova localización dos viveiros.

Terceira. Rematado o prazo indicado na condición primeira sen que a permuta do punto de fondeadoiro e do artefacto se leve a cabo, esta autorización quedará sen efecto.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de xullo de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña