Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 128, do 10 de xullo de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 38851, na base I.2.1.2, onde di:
«Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de camiños, canais e portos».
Debe dicir:
«Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ou grao e máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de camiños, canais e portos».
Na páxina 38853, na base I.2.2.3, onde di: