Advertidos erros na dita resolución, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 142, do 30 de xullo de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 42158, no título da resolución, onde di: «RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026 pola que se regula o procedemento mediante o cal as persoas propietarias de parcelas incluídas no ámbito do proxecto de interese autonómico para a planificación e proxección de actuacións de creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (sector B, sector leste-estrada de San Mauro) poden manifestar a súa vontade de participar no desenvolvemento do devandito ámbito.», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026 pola que se regula o procedemento polo cal as persoas propietarias de parcelas incluídas no ámbito do proxecto de interese autonómico para a planificación e proxección de actuacións de creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (sector B-5, sector leste-estrada de San Mauro) poderán manifestar a súa vontade de participar no desenvolvemento do dito ámbito».
Na páxina 42165, na regra «Sexta. Convenio de participación», no segundo parágrafo da letra a) do número 3, onde di: «O seu importe será dun 10 % das cargas estimadas para a ordenación e urbanización do ámbito, que ascenden a 142,67 € por cada m2 de superficie de parcela de orixe que se achegue para a obtención da/das parcela/s de resultado asignada/s.», debe dicir: «O seu importe será dun 10 % das cargas estimadas para a ordenación e urbanización do ámbito, que ascenden a 142,6498 € por cada m2 de superficie de parcela de orixe que se achegue para a obtención da/das parcela/s de resultado asignada/s.».
