DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44303

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se conceden subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2026 (código de procedemento CT211B).

No Diario Oficial de Galicia número 60, do 31 de marzo de 2026, publícase a Orde do 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT211B).

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Tal e como establece o artigo 16.7 da orde, o prazo máximo para ditar e para lles notificar ás persoas interesadas a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ademais, en aplicación do artigo 16.6 da orde de convocatoria, a resolución de adxudicación será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Así mesmo, e en aplicación do artigo 16.6, serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal de cultura da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal/).

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 31 de xullo de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde de 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT211B).

A suma total das axudas concedidas ascende a 484.450,00 € con cargo á aplicación orzamentarias 13.03.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 31 de xullo de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se conceden subvencións
a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións
e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2026
(código de procedemento CT211B)

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e á mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 9, 10, 11 e 12 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o seu exame e valoración consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, e logo da elevación da proposta de resolución definitiva polo órgano instrutor, ditará a resolución de concesión, debidamente motivada, de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Na resolución constará a identificación das entidades beneficiarias, o proxecto subvencionado e o importe subvencionado.

Os proxectos subvencionados ordenaranse por rigorosa orde de incoación dos expedientes.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de Valoración, ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas sinaladas no anexo I ás entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por un importe de 484.450,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Segundo. Aprobar a listaxe de entidades locais que non resultaron adxudicatarias por non acadar a puntuación exixida no artigo 15.2 da orde, que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Aprobar a listaxe de entidades locais excluídas por non reuniren os requisitos fixados na orde de convocatoria que se detallan no anexo III.

Cuarto. Aprobar a listaxe de entidades locais que desisten da súa solicitude de subvención, que figuran no anexo IV.

Quinto. As entidades adxudicatarias propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación e, unha vez que transcorra este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante da entidade beneficiaria. Se a renuncia non se comunica expresamente no citado prazo, a entidade beneficiaria queda comprometida a realizar o investimento, agás causas de forza maior aceptadas pola Comisión de Valoración e, de non facelo, incorrerá nas responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

As entidades subvencionadas ás que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 31 de outubro do ano 2026, de acordo co que establece o artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web http://cultura.gal

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Disposición adicional da Orden do 12.3.2026), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

Entidades beneficiarias

Número

CT211B-2026

Entidade

Proxecto

Importe

0004

Concello de Monterroso

Mellora da accesibilidade e equipamento da biblioteca pública municipal (BPM)

3.900,00 €

0016

Concello da Lama

Posta en funcionamento de local cultural no Local Social O Peso

5.200,00 €

0017

Concello de Cenlle

Mellora das condicións do local destinado a BPM e CEMIT

19.400,00 €

0019

Concello de Dodro

Equipamento para a mellora do servizo da BPM de Dodro

2.100,00 €

0020

Concello de Muros

Mellora do equipamento técnico de son e iluminación no auditorio do centro cultural e xuvenil

3.000,00 €

0025

Concello de Ourol

Reforma da instalación da iluminación interior do edificio multiúsos de Ourol

6.700,00 €

0029

Concello de Palas de Rei

Equipamento para a Axencia de Lectura Municipal

12.900,00 €

0030

Concello de Mañón

Equipamento para a biblioteca pública municipal

6.400,00 €

0032

Concello de Vilar de Barrio

Mellora das instalacións da BPM e do local cultural dentro da mesma edificación

20.800,00 €

0034

Concello de Ames

Equipamento para a Casa da Cultura do Milladoiro

15.800,00 €

0037

Concello de Ribadavia

Mellora das condicións de iluminación e dotación de infraestruturas para actividades de fomento da lectura na BPM

13.400,00 €

0039

Concello de Padrón

Mellora do equipamento da sala de estudio da BPM

7.800,00 €

0041

Concello do Carballiño

Plan de mellora do Auditorio Municipal Manuel María

7.900,00€

0044

Concello de Cabana de Bergantiños

Adquisición de equipos de iluminación e son e melloras no auditorio municipal

15.700,00 €

0049

Concello de Soutomaior

Realización de investimentos na Casa da Cultura Regina Míguez Noval de Soutomaior

4.600,00 €

0051

Concello de Allariz

Equipamento para a mellora das instalacións da BPM, casa da cultura

5.800,00 €

0061

Concello de Corcubión

Mellora da iluminación do escenario da casa da cultura

10.500,00 €

0064

Concello de Lalín

Creación e posta en funcionamento dunha aula de estudo 24 horas como anexo á biblioteca municipal

11.100,00 €

0067

Concello de Cee

Instalación de butacas no Auditorio Baldomero Torres

8.800,00 €

0070

Concello de Celanova

Mellora de local para ensaio da banda municipal e da escola municipal de música

5.000,00 €

0080

Concello de Ferrol

Reapertura da BPM de Caranza

8.700,00 €

0081

Concello do Pino

Mellora da BPM

11.100,00 €

0083

Concello de Cerdedo Cotobade

Mellora da instalación da calefacción do complexo cultural de Cerdedo Cotobade

35.000,00 €

0085

Concello de Miño

Mellora de condicións na BPM e do Centro Sociocultural A Rúa que a aloxa

2.400,00 €

0086

Concello de Chantada

Mellora das instalacións enerxéticas da casa da cultura-BPM

30.000,00 €

0090

Concello de Ribadumia

Mellora das instalacións da Casa da Cultura-BPM de Ribadumia

13.400,00 €

0091

Concello de Teo

Equipamento e mellora das instalacións da BPM do Grilo

2.700,00 €

0096

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Mellora da eficiencia enerxética do salón de actos do Concello de Xunqueira de Espadanedo

13.500,00 €

0098

Concello de Muxía

Mellora no salón de actos do voluntariado

19.000,00 €

0100

Concello de Ribas de Sil

Mellora de centros culturais do Xeoparque

18.600,00 €

0102

Concello da Laracha

Obras de mellora (substitución de fiestras da cuberta) de local para usos culturais

17.600,00 €

0105

Concello de Sanxenxo

Instalación de plataforma elevadora para a mellora da accesibilidade na Casa do Priorado Arra

18.900,00 €

0110

Concello do Incio

Mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade no Local Cultural Vilasouto

26.300,00 €

0112

Concello de Laxe

Realización de investimentos na BPM Antón Zapata García

850,00 €

0114

Concello de Ponteceso

Rehabilitación do Centro Sociocultural de Ponteceso

16.600,00 €

0118

Concello de Melide

Subministración de equipamento escénico para o Centro Sociocultural Mingos de Pita

8.600,00 €

0120

Concello de Boqueixón

Melloras de eficiencia enerxética no Local Social de Lestedo para a súa posta en funcionamento como local cultural

16.100,00 €

0124

Concello de Oroso

Mellora das instalacións e accesibilidade do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa

21.600,00 €

0125

Concello de Vila de Cruces

Accesibilidade Local Social de Brandomés

14.700,00 €

ANEXO II

Entidades que non acadan a puntuación mínima exixida

CT211B-2026

Entidade

Proxecto

Puntos

0003

Concello de Portomarín

Posta en funcionamento dun novo local na casa da cultura mediante a adquisición de equipamento

17

0005

Concello de Becerreá

Rehabilitación da casa da cultura. Melloras de eficiencia enerxética

17

0006

Concello de San Cristovo de Cea

Equipamento escénico para o salón de actos no edificio multiúsos municipal

17

0007

Concello de Baños de Molgas

Creación dunha biblioteca municipal nunha aula de titularidade municipal, situada no CEIP de Baños de Molgas

20

0009

Concello de Avión

Mobiliario para o Edificio Multifuncional de Avión

16

0010

Concello da Baña

Investimentos na Escola de Música Emilio Andujar

17

0011

Concello de Ribeira

Dotación de equipamento técnico no Auditorio Municipal de Ribeira

21

0012

Concello de Viveiro

Equipamento da sala multiúsos

12

0013

Concello de Oímbra

Anteproxecto de reforma do local de dinamización cultural, social e igualdade de Casas dos Montes

21

0014

Concello de Sober

Creación dunha videoteca no centro sociocultural

16

0015

Concello do Castro de Caldelas

Posta en funcionamento dun local cultural no Local Social Os Pilos

19

0018

Concello de Nigrán

Dotación de novas instalacións audiovisuais e profesionais no Auditorio da Ramallosa (antigos cines)

22

0021

Concello de Alfoz do Castrodouro

Mellora da eficiencia enerxética no edificio da Casa da Cultura de Alfoz

21

0022

Concello de Valga

Mellora en son, novas tecnoloxías e dotación de equipamento para o Edificio Multifuncional de Ferreirós

19

0023

Concello de Ares

Equipamento e mellora de local para actividades culturais da Reitoral de Ares

16

0026

Concello da Illa de Arousa

Renovación da Iluminación escénica no auditorio municipal

17

0027

Concello de Vedra

Equipamento para o Centro Sociocultural de Vedra

12

0028

Concello de Monforte de Lemos

Mellora das instalacións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

15

0031

Concello de Laza

Equipamento audiovisual e reforma e ampliación do salón de actos da casa do concello

13

0035

Concello de Noia

Modernización do equipamento escénico no Teatro Coliseo Noela

21

0036

Concello de Baleira

Proxecto de legalización e corrección de defectos da instalación eléctrica para o funcionamento do Centro Sociocultural de Baleira

22

0038

Concello de Trazo

Equipamento das instalacións do Local Social de Viaño Pequeno

14

0040

Concello de Maside

Mellora do equipamento escénico e audiovisual do multiúsos de Maside

15

0042

Concello de Mugardos

Dotación de equipamento para o centro de interpretación de Caldoval

10

0043

Concello de Taboadela

Equipamento da Casa da Cultura de Taboadela

18

0045

Concello da Pobra do Caramiñal

Proxecto de mellora de accesibilidade e illamento da BPM Victoriano García Martí

22

0046

Concello de Vilaboa

Mellora enerxética do Centro Social de Figueirido

18

0047

Concello de Pontedeume

Reforma do forxado de madeira e compra de mobiliario BPM

20

0048

Concello do Rosal

Adquisición de equipamento para a mellora acústica de sala do centro social polivalente

10

0050

Concello de Moraña

Subministración de equipamento para a BPM

19

0052

Concello de Calvos de Randín

Equipamento e mellora das instalación da casa da cultura

14

0053

Concello de Cariño

Equipamento de iluminación e son para o auditorio da casa da cultura

14

0054

Concello de Boimorto

Melloras da accesibilidade na casa da cultura

19

0055

Concello de Cambados

Dotar de equipamento audiovisual o auditorio e a escola de música

18

0056

Concello de Abegondo

Posta en funcionamento de novo local cultural no antigo centro de saúde

19

0057

Concello de Rois

Mellora do edificio multiúsos BPM Enfesta

20

0058

Concello da Estrada

Obras de mellora do teatro principal

11

0059

Concello das Somozas

Arranxos no Centro Museístico de Interpretación Etnográfica

18

0060

Concello de Boiro

Equipamento do pazo de Goián

10

0062

Concello de Catoira

Mellora do equipamento da Casa das Artes de Catoira para a súa posta en marcha

18

0063

Concello do Saviñao

Mellora do equipamento escénico do auditorio

12

0065

Concello de Valdoviño

Mellora de equipamento da casa da cultura

19

0066

Concello de Xermade

Mellora das instalacións da biblioteca pública municipal

21

0068

Concello de Cospeito

Rehabilitación integral da cuberta e acondicionamento para a posta en funcionamento do Local Cultural en Muimenta

21

0072

Concello de Carral

Mobiliario e climatización da BPM

18

0073

Concello de Coles

Mellora da iluminación do auditorio do concello

14

0074

Concello de Paderne

Adecuación do Centro Social de Vigo

21

0075

Concello de Trabada

Mellora das instalacións da casa da cultura

17

0076

Concello da Guarda

Mellora da accesibilidade na casa da cultura

20

0077

Concello de Cedeira

Renovación do equipamento informático e a seguridade na BPM

17

0082

Concello de Silleda

Mellora da instalación e equipamento da Biblioteca Daniel Castelao

15

0084

Concello de Pontecesures

Actuacións de mellora da accesibilidade e a seguridade no edificio da casa da cultura

19

0087

Concello de Cangas de Morrazo

Equipamento e mobiliario da casa da cultura-BPM

11

0088

Concello de Santiso

Obras de mellora do Centro Cultural de Santoña

21

0089

Concello de Fene

Equipamento cultural e substitución de canlóns da casa da cultura

13

0092

Concello de Fornelos de Montes

Mellora do equipamento do centro multiúsos BPM

21

0093

Concello de Arbo

Investimento en equipamento para a biblioteca municipal

17

0094

Concello de Vilariño de Conso

Proxecto básico e de execución, rehabilitación e posta en valor do novo local cultural

18

0095

Concello de Rodeiro

Equipamento escénico no Centro Cultural Manuel Lamazares

16

0097

Concello de Agolada

Equipamento audiovisual integral para o Auditorio Municipal Manuel Costa

16

0099

Concello de Fisterra

Instalacións e equipamentos para o novo centro cultural (Mercado Cultural)

20

0101

Concello de Friol

Compra de cadeiras para o Centro Sociocultural de Friol

12

0103

Concello de Parada de Sil

Acondicionamento da BPM

20

0104

Concello de Betanzos

Mellora da biblioteca infantil e xuvenil

16

0106

Concello de Burela

Instalación do despacho de billetes na casa da cultura

22

0107

Concello de Mesía

Ampliación de espazo, eficiencia enerxética e adquisición de equipamento na BPM

22

0109

Concello de Meis

Mellora do equipamento escénico e iluminación do Auditorio Municipal do Centro Multiúsos de Mosteiro

15

0116

Concello de Outeiro de Rei

Melloras das condicións de seguridade e accesibilidade no Centro Cultural de Robra

19

0117

Concello de Gondomar

Modernización, dixitalización, mellora da accesibilidade e climatización eficiente do auditorio

19

0119

Concello de Mos

Mellora do equipamento de iluminación e son do Auditorio Municipal das Pozas

13

0121

Concello do Porto do Son

Modernización dos sistemas dixitais na Casa da Cultura do Porto do Son

22

0122

Concello da Veiga

Modernización, eficiencia enerxética e dixitalización cultural do Centro Astronómico de Trevinca

19

0123

Concello de Baiona

Subministración e colocación de fiestras no museo Casa da Navegación

13

0126

Concello de Entrimo

Mellora das instalacións da casa da cultura

17

0127

Concello de Viana do Bolo

Reforma do escenario e equipamentos da casa da cultura

16

0128

Concello de Ribeira de Piquín

Dotación de equipamento e mobiliario para a creación dun espazo cultural en local polivalente na escola vella do Chao de Pousadoiro

20

0129

Concello de Foz

Artes escénicas na Biblioteca Ramón Salgado Toimil. Reforma do salón de actos

21

0130

Concello do Irixo

Reforma e mellora da biblioteca pública municipal

19

0131

Concello de Ponteareas

Mantemento, mellora e eficiencia enerxética da escola de música de Guláns

21

ANEXO III

Entidades excluídas e causa de exclusión

CT211B-2026

Entidade local

Proxecto

Causa exclusión

0001

Concello da Gudiña

Posta en funcionamento do centro cultural e multiúsos

2

0007

Asociación de veciños Santa Ana Veigadaña

Albergue da AA. VV. Santa Ana Veigadaña (Mos)

1

0033

Concello de Tordoia

Execución do solo do auditorio para a súa posta en funcionamento

1

0071

Concello de Cerdido

Equipamento para o local cultural en Castro, Cerdido

1

0024

Concello de Xinzo de Limia

Programa de exposición da mostra intercultural no salón de actos e plenos da casa do concello

1

0025

Concello de Camariñas

Mellora da antiga Cámara Agraria Local para a posta en funcionamento de local para actividades culturais

2

0079

Concello de Beariz

Acondicionamento da antiga reitoral de Beariz

2

0111

Concello de Caldas de Reis

Subministración e instalación do sistema de climatización en locais sociais de Bemil Godos

3

0113

Concello de Larouco

Equipamento da Cova Seadur Os Vidueiros

3

0115

Concello de Oza Cesuras

Equipamento para a Casa do Concello de Lois, Oza

1

1: excluídos por non axustarse á finalidade, obxecto e requisitos establecidos nos artigos 1 e 2.1 da orde.

2: non acredita a titularidade do local.

3: documentación incompleta, ao abeiro do establecido no artigo 9, mesmo logo de ser requiridas para a súa emenda, conforme ao artigo 11.

ANEXO IV

Concellos que desisten da solicitude da axuda

Número

CT211B-2026

Entidade

Proxecto

Fecha de desistencia

0108

Concello de Rábade

Equipamento do Cine Man de Rábade

19.5.2026

0002

Concello de Rairiz da Veiga

Mellora, acondicionamento e equipamento dun novo local cultural

29.5.2026