DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de nomeamento de oficial de primeira nave de almacén incluída na oferta de emprego pública do ano 2025.

Faise público que, mediante o Decreto da Alcaldía número 2026-0622, do 21 de xullo de 2026, se acordou:

«Asunto: Nomeamento oficial de primeira nave de almacén. OPE 2025.

Á vista da notificación pola que se traslada a esta Alcaldía a proposta de nomeamento do 2.7.2026, efectuada polo tribunal cualificador designado para a selección dunha praza de oficial de primeira nave de almacén, incluída na oferta de emprego público do ano 2025 do Concello de Ares, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno do día 2 de marzo de 2026, e publicadas no Boletín Oficial da provincia número 51, do 17.3.2026, xunto coa convocatoria efectuada no Boletín Oficial del Estado número 82, do 3.4.2026.

Unha vez publicada a relación de persoas aspirantes seleccionadas, o candidato aprobado (José Ángel Chaparro Fernández, co DNI ***5717**) presentou o 9.7.2026 (rexistro de entrada número 3085) a documentación requirida na base décima da convocatoria para os efectos de acreditar as condicións de capacidade e requisitos exixidos na convocatoria, con carácter previo á formalización do seu nomeamento como persoal laboral oficial de primeira nave de almacén.

Esta Alcaldía, no uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no artigo 21.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade coa base décima da convocatoria do proceso selectivo, convocado polo Concello de Ares para cubrir a praza aludida (relación de persoas aprobadas, acreditación dos requisitos exixidos e formalización de contrato),

RESOLVE:

Primeiro. Nomear oficial de primeira nave de almacén, persoal laboral fixo do Concello de Ares, a seguinte persoa por aprobar o proceso selectivo convocado:

Apelidos e nome

NIF

Denominación da praza

Grupo

Subgrupo

Chaparro Fernández, José Ángel

***5717**

Oficial de primeira nave de almacén

C

C1

Segundo. De acordo coas bases da convocatoria, este acordo publicarase no taboleiro de anuncios electrónico do Concello de Ares e, a título informativos, na web municipal, así como no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Darlle conta ao Pleno na primeira sesión que teña lugar.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da provincia, ante a xurisdición contencioso-administrativa, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición perante o alcalde-presidente do Concello de Ares, no prazo dun mes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Ares, 21 de xullo de 2026

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde presidente