De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que ou ben non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa, ou se ignora o lugar de notificación, ou os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
9.6.2026 |
15002A0320009 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 0009 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03200169 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 00169 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03200176 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 00176 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03200598 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 598 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A0320613 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 613 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03300391 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 033 391 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03300392 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 392 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03300585 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 585 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
15002A03200019 |
Ortoño (San Xoán), Ames, A Coruña 032 00019 |
Desconocida |
1º. En virtude do exposto, comunícase que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, concédese un prazo máximo de 15 días naturais para executar voluntariamente a xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará ao día seguinte á recepción desta notificación.
2º. En caso de que persista o incumprimento unha vez transcorrido este prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, coa repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da referida Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión de biomasa e a retirada das especies arbóreas prohibidas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, excepto nos supostos excepcionais establecidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. De aplicarse a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistir no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, se fose o caso. Neste suposto, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se reflicte na seguinte táboa:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Ha afectadas por execución subsidiaria |
Estimación prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
13558/2026 |
15002A0320009 |
0,125 |
3.545,82 € |
443,22 € |
|
13558/2026 |
15002A03200169 |
0,0562 |
3.545,82 € |
199,27 € |
|
13558/2026 |
15002A03200176 |
0,0178 |
3.545,82 € |
63,11 € |
|
13558/2026 |
15002A03200598 |
0,0269 |
3.545,82 € |
95,38 € |
|
13558/2026 |
15002A0320613 |
0,0272 |
3.545,82 € |
93,97 € |
|
13558/2026 |
15002A03300391 |
0,0128 |
3.545,82 € |
45,30 € |
|
13558/2026 |
15002A03300392 |
0,062 |
3.545,82 € |
22,10 € |
|
13558/2026 |
15002A03300585 |
0,0127 |
3.545,82 € |
45,03 € |
|
13736/2026 |
15002A03200019 |
0,2285 |
3.545,82 € |
810,21 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador por infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio no que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na presente lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer en caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. En caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, consonte o que establece o artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Ames, 16 de xullo de 2026
José Blas García Piñeiro
Alcalde
