DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0138/2026-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0138/2026-V e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 3 de agosto de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0138/2026-V

76965165N

Resolución

PSC-CO-0150/2026-V

76346372B

Resolución

PSC-CO-0155/2026-V

76779647N

Resolución

PSC-CO-0188/2026-PPM

47377697C

Resolución

PSC-CO-0249/2026-PRE

52939064X

Resolución

PSC-CO-0265/2026-PRE

33241306G

Resolución

PSC-CO-0282/2026-V

47375666J

Resolución