DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.112333).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Raúl Iglesias Rozas.

DNI: ***9307**.

Expediente: DH.A36.112333.

Volume total anual: 27.000 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,389 l/s.

Destino: rega.

Orixe:

A) x= 547773, y= 4730458 (fuso 29 ETRS89)

B) x= 547854, y= 4730498

C) x= 548006, y= 4730614

D) x= 548044, y= 4730615

E) x= 548140, y= 4730561

Lugar:

A, B) Camposas O Fornadeiro.

C, D, E) O Fornadeiro.

Parroquia:

A, B) Berres (San Vicenzo).

C, D, E) San Tomé de Ancorados (San Tomé).

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga de catro (4) pozos de 100 m de profundidade e un (1) de 55 m e 130 mm de diámetro, situados nas parcelas con RC 36017M520010930000FR, 36017M520010940000FD e 36017M520011030000FH, mediante bombas somerxibles de 2,2 kW, para uso de rega. Os pozos 1, 2 e 3 conectan cunha balsa de 180 m3 na parcela 36017M520011040000FW e a balsa coa caseta de rega 1. Os pozos 4 e 5 conectan directamente coa caseta de rega 2. Todas as conexións son mediante tubaxes de 50 mm de diámetro.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro