DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador PSC-CO-0162/2026-V.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. E tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que estar feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 3 de agosto de 2026

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0162/2026-V

53480599X

Comunicación de práctica de proba