DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44770

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2026 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades que forman parte do Sistema universitario de Galicia para o curso 2026/27.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 12 de agosto de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44239, no punto 1 do artigo 3, onde di: «Grao en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste máster inicia o proceso de extinción do máster universitario coa mesma denominación e co código RUCT 2502227», debe dicir: «Grao en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A autorización deste grao inicia o proceso de extinción do grao coa mesma denominación e co código RUCT 2502227».