Antecedentes de feito:
Primeiro. O 25 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E). A devandita orde establecía o prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación para a presentación de solicitudes.
Segundo. Ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026, presentáronse un total de dez solicitudes, coa seguinte distribución por liña de acción:
• 6 pola liña de programas de innovación e comunicación social.
• 4 pola liña de programas de educación transformadora.
Unha vez examinadas, formuláronse os requirimentos de emenda necesarios para que as entidades interesadas, nun prazo de dez días, corrixisen a falta ou xuntasen os documentos preceptivos.
Terceiro. A Comisión Avaliadora, nas súas reunións dos días 29 e 31 de xullo de 2026, examinou as solicitudes presentadas que cumprían os requisitos, tendo en conta os criterios establecidos nas bases da convocatoria e os informes técnicos realizados pola entidade adxudicataria da avaliación externa, e estableceu dúas listaxes en orde descendente coas puntuacións obtidas para cada unha das liñas de acción.
Cuarto. O 31 de xullo de 2026, á vista do resultado da devandita avaliación e en cumprimento do artigo 11 e 16 da Orde do 11 de maio de 2026, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución das axudas para a súa concesión por un importe total de setecentos nove mil novecentos noventa e nove euros con trece céntimos (709.999,13 €), así como a proposta de exclusión das solicitudes que non cumprían inicialmente os requisitos exixidos para pasar a fase de avaliación e a proposta de desistencia das solicitudes nas que, malia acadar a puntuación mínima exixida para superar a fase de avaliación, non se aceptou a subvención proposta debido á imposibilidade de adaptar o programa presentado á contía dispoñible.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. As bases xurídicas deste procedemento están reguladas pola Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E).
Segundo. Para o financiamento destas subvencións existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o período 2026-2028, cunha dotación inicial de setecentos vinte mil euros (720.000,00 €) e a seguinte distribución por anualidades: 180.000,00 € no ano 2026, 270.000,00 € no ano 2027 e 270.000,00 € no ano 2028.
Terceiro. A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 95 % do orzamento total do programa, aínda que a subvención concedida non superará os 90.000,00 € no caso de programas de educación transformadora e os 110.000,00 € no caso de programas de innovación e comunicación social. Así mesmo, a subvención concedida distribuirase do seguinte xeito: un 25 % no ano 2026, un 37,5 % no ano 2027 e un 37,5 % no ano 2028.
Cuarto. Garantirase o financiamento dun mínimo de tres programas para cada unha das liñas de acción, agás que non se presente un número suficiente de solicitudes de cada liña ou non se acade a puntuación mínima para superar a fase de valoración das solicitudes.
Quinto. O órgano competente para a resolución de concesión ou denegación das axudas, en virtude do establecido na disposición adicional primeira e no artigo 16 da Orde do 11 de maio de 2026, é o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Polo exposto, logo da proposta da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e da fiscalización do gasto pola intervención delegada,
RESOLVO:
1. Aprobar a concesión de subvención a sete programas por un importe total de setecentos nove mil novecentos noventa e nove euros con trece céntimos (709.999,13 €), coa distribución, entidades beneficiarias e contías que se relacionan no anexo I desta resolución.
2. Aprobar a desistencia ou exclusión de tres programas, tal e como se detalla no anexo II, no que se indica a entidade solicitante e a causa que motiva a súa desistencia ou exclusión.
Contra a resolución ditada polo director xeral, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, de forma potestativa, recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, poderase presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución comunicaráselles ás entidades interesadas de xeito complementario á súa publicación. A información tamén estará dispoñible na páxina web da Cooperación Galega (https://cooperacion.xunta.gal/).
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO I
Programas subvencionados
|
Núm. de expediente |
Entidade solicitante |
Denominación do programa |
Liña de acción |
Puntuación total |
Orzamento total (€) |
Subvención concedida (€) |
|||
|
2026 |
2027 |
2028 |
Total subvención concedida |
||||||
|
PR803E-2026-00000001-00 |
Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) |
Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista |
Programas de innovación e comunicación social |
87,95 |
122.240,00 |
27.500,00 |
41.250,00 |
41.250,00 |
110.000,00 |
|
PR803E-2026-00000009-00 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
Biblioteca humana, libros que contan. Historias de cooperación e solidariedade |
Programas de innovación e comunicación social |
83,50 |
121.103,82 |
27.499,96 |
41.249,93 |
41.249,93 |
109.999,82 |
|
PR803E-2026-00000004-00 |
Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) |
Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e o sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos e a democracia no eido global |
Programas de innovación e comunicación social |
81,10 |
122.012,00 |
27.500,00 |
41.250,00 |
41.250,00 |
110.000,00 |
|
PR803E-2026-00000003-00 |
Mans Unidas-Comité Católico Campaña Contra a Fame agrupada coa USC |
Enreda: educación transformadora para a ecocidadanía global e a agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 Fame Cero (2026-2028) |
Programas de educación transformadora |
84,00 |
117.891,00 |
22.500,00 |
33.750,00 |
33.750,00 |
90.000,00 |
|
PR803E-2026-00000006-00 |
Fundación Vicente Ferrer |
Ti tamén contas: historias fiadas de mulleres rurais para crear unha cidadanía crítica e con conciencia feminista |
Programas de educación transformadora |
63,85 |
117.127,15 |
22.499,83 |
33.749,74 |
33.749,74 |
89.999,31 |
|
PR803E-2026-00000007-00 |
Fundación Educación e Cooperación |
A protección da infancia desde a mirada da Axenda 2030. Un camiño de transformación social para a prevención da violencia |
Programas de educación transformadora |
62,75 |
94.780,00 |
22.500,00 |
33.750,00 |
33.750,00 |
90.000,00 |
|
PR803E-2026-00000008-00 |
Fundación Taller de Solidariedade |
Enredadas no cambio: cartografía sonora do emprendemento feminista norte-sur global. Voces, saberes e territorios que sosteñen a vida |
Programas de innovación e comunicación social |
66,2 |
130.518,00 |
27.500,00 |
41.250,00 |
41.250,00 |
110.000,00 |
|
Totais |
177.499,79 |
266.249,67 |
266.249,67 |
709.999,13 |
|||||
ANEXO II
Programas denegados
|
Núm. de expediente |
Entidade solicitante |
Denominación do programa |
Liña de acción |
Avaliación |
Causas de denegación |
||
|
Entidade solicitante |
Proxecto |
Total |
|||||
|
PR803E-2026-00000002-00 |
Fundación InteRed |
Versos para soster a vida: improvisación oral para unha comunicación transformadora fronte á crise ecosocial |
Programas de innovación e comunicación social |
19,65 |
46,2 |
65,85 |
Desistencia: non aceptación da subvención proposta debido á imposibilidade de adaptación do programa presentado á contía dispoñible (artigo 14.3) |
|
PR803E-2026-00000005-00 |
Fundación Entreculturas-Fe e Alegría |
Educa en global: promovendo a educación transformadora en centros educativos de Galicia e Guatemala |
Programas de educación transformadora |
17,45 |
37 |
54,45 |
Desistencia: non aceptación da subvención proposta debido á imposibilidade de adaptación do programa presentado á contía dispoñible (artigo 14.3) |
|
PR803E-2026-00000010-00 |
Asociación de Enxeñería sen Fronteiras Galicia agrupada con Amigas da Terra |
Mulleres bravas: cara a unha comunidade ecofeminista interseccional pola defensa dos corpos e os territorios en Galicia e Honduras |
Programas de innovación e comunicación social |
- |
- |
- |
Exclusión: a entidade solicitante non cumpre o requisito establecido no artigo 4.1.c) da orde de convocatoria |
