A representación da titularidade do centro privado (CPR) Divino Maestro, da Pobra do Caramiñal, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Asistencia á Dirección e o CS Comercio Internacional.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CPR Divino Maestro, da Pobra do Caramiñal, e autorizar o CS Asistencia á Dirección e o CS Comercio Internacional; o centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Divino Maestro.
Código do centro: 15026649.
Domicilio: Virxe do Monte, 6.
Localidade: A Pobra do Caramiñal.
Concello: A Pobra do Caramiñal.
Provincia: A Coruña.
Titular: Misioneras del Divino Maestro.
Composición resultante:
• 1 ciclo formativo de FPB en Servizos Administrativos (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).
• 1 CS Asistencia á Dirección (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Comercio Internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
