No Diario Oficial de Galicia número 71, do 17 de abril de 2026, publícase a Orde do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215A).
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
De conformidade coa disposición adicional, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.
O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificaráselles ás persoas interesadas consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal).
En consecuencia,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 5 de agosto de 2026 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde do 6 de abril de 2026 (DOG núm. 71, do 17 de abril) pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 5 de agosto de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 5 de agosto de 2026 pola que se conceden as axudas ao abeiro da
Orde do 6 de abril de 2026 (DOG número 71, do 17 de abril) pola que establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos
correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames
de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026
Logo de examinar as solicitudes de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas; e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, o director xeral de Cultura, en virtude da delegación de atribucións pola persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude establecida na disposición adicional da Orde do 6 de abril de 2026, logo da elevación da proposta de resolución definitiva elevada polo órgano instrutor tal como establece o artigo 16 da devandita orde,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás entidades que se relacionan no anexo I.
A suma total das axudas concedidas ascende a 75.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.481.2 para subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
As entidades subvencionadas ás que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro de 2026, conforme as condicións e a documentación establecidas no artigo 22 da orde de convocatoria.
Segundo. Aprobar a listaxe de entidades que non resultaron adxudicatarias por non acadar a puntuación exixida no artigo 15.2 da orde. Estas entidades relaciónanse no anexo II.
Terceiro. Aprobar a listaxe de entidades excluídas por non reuniren os requisitos fixados na orde de convocatoria, que se relacionan no anexo III.
Así mesmo, e conforme o establecido no artigo 21 da orde de convocatoria, as entidades subvencionadas con esta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Esta resolución de adxudicación, que se notificará nos termos previstos no artigo 18, ponlle fin á vía administrativa, de acordo co artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e contra ela cabe interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que se contará a partir da data da súa notificación ás persoas interesadas, ou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán, así mesmo, desde a data de notificación.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Disposición adicional da Orde do 6.4.2026), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.
ANEXO I
Listaxe definitiva das entidades sen fin de lucro adxudicatarias
|
Nº de expediente |
Entidade |
Proxecto |
Puntuacións |
Importe |
|
CT215A-2026-01 |
Asociación Ameixa Rock |
Ameixa Rock 2026 |
67 |
6.000,00 € |
|
CT215A-2026-04 |
Asociación Cultural Rebulir |
A Verbena da Rella |
61 |
3.000,00 € |
|
CT215A-2026-05 |
Asociación Cultural Bela Auria |
Festival Internacional da Pedra |
62 |
4.000,00 € |
|
CT215A-2026-06 |
Asociación Cultural Bolarqueira |
X Festival Nocedarock |
65 |
5.000,00 € |
|
CT215A-2026-07 |
Asociación Cultural Deportiva Armadiña |
Festival Armadiña Rock |
67 |
5.000,00 € |
|
CT215A-2026-09 |
Asociación de Gaiteiros Galegos |
33ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional |
50 |
3.000,00 € |
|
CT215A-2026-010 |
Lideiras Asociación Cultural |
Pícnic Sesións |
55 |
4.000,00 € |
|
CT215A-2026-012 |
Asociación Cultural SonSistema |
Tremeterra V Encontro de Sound Systema da Terra Brava |
64 |
5.000,00 € |
|
CT215A-2026-013 |
ACC Artístico e Recreativo Valadares |
XXIII Revoltallo de Música Emerxente |
53 |
3.000,00 € |
|
CT215A-2026-014 |
A Sforza Bembrive |
V Festival de Verán |
45 |
2.000,00 € |
|
CT215A-2026-016 |
Asociación Agrocuir da Ulloa |
XI Festival Agrocuir da Ulloa |
81 |
7.000,00 € |
|
CT215A-2026-017 |
Ribeira Sacra Cultural |
VII Fest Clásico Ribeira Sacra |
67 |
6.000,00 € |
|
CT215A-2026-018 |
Asociación Os Liantes |
III Edición do Bruón Folk Fest |
69 |
3.000,00 € |
|
CT215A-2026-020 |
ASCD do Condado |
38º Festival da Poesía no Condado |
87 |
7.000,00 € |
|
CT215A-2026-022 |
Asociación Cultural Vertixe |
Festival Vertixe 14 |
70 |
6.000,00 € |
|
CT215A-2026-023 |
Asociación Xornadas Etnográficas do Morrazo |
VII Xornadas Etnográficas do Morrazo |
71 |
6.000,00 € |
ANEXO II
Institucións sen fin de lucro que non acadan a puntuación do artigo 15
|
Nº de expediente |
Entidade |
Proxecto |
Puntuacións |
|||
|
14.1.A |
14.1.B |
14.1.C |
Total |
|||
|
CT215A-2026-02 |
Asociación Cultural Nosa Señora da O |
Canto do Medio Rural |
0 |
9 |
0 |
9 |
|
CT215A-2026-008 |
Asociación Cultural Merenda Creativa |
Final Ceiba Rimas 2026 |
9 |
28 |
5 |
42 |
|
CT215A-2026-025 |
Asociación Recreo Cultural da Estrada |
IV Festival O Sitio do Meu Recreo |
2 |
11 |
0 |
13 |
ANEXO III
Listaxe de excluídos e causas da exclusión
|
Nº de expediente |
Entidade |
Proxecto |
Observacións |
|
CT215A-2026-03 |
Asociación Cultural Ao Compás do Río Ouro |
Festival Conmemorativo de Músicos do Valadouro e Alfoz |
a.1 |
|
CT215A-2026-011 |
Centro Social e Cultural Deportivo As Pedriñas |
X Miúdo Fest |
a.1 |
|
CT215A-2026-015 |
Asociación Festibandeira |
Festival Murallón de Son |
a.1 |
|
CT215A-2026-019 |
Asociación Polamiúda |
Festival Feminista Polas Bravas VI Edición |
a.2 |
|
CT215A-2026-021 |
Asociación Música Clásica |
I Concurso Júnior Internacional Vigo-Galicia |
a.2 |
|
CT215A-2026-024 |
Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí |
I Concurso de Charangas de Tomiño |
a1 e a.2 |
|
CT215A-2026-026 |
Asociación Castelab |
Castes the Musical 2026 |
a.1 e a.2 |
|
CT215A-2026-027 |
Asociación Cultural As Vacas Fracas |
Cedofestiñas |
a.1 |
a.1: excluído por non axustarse á finalidade e obxecto establecidos no artigo 1.
a.2: excluído por non axustarse á finalidade e obxecto establecidos no artigo 2.
