A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 7.8.2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar unha das vinte e tres prazas de bombeiro/a e dúas das sete prazas de condutor/a bombeiro/a, enmarcadas no grupo de titulación C2 (escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de extinción de incendios), incluídas na OEP dos anos 2020-2021-2022 pola quenda libre, ao teren acreditado os requisitos exixidos nas bases da convocatoria, na normativa de aplicación e nos criterios internos do SPEIS relativos á integración no posto de traballo, de:
• Peleteiro Rey A. (***8135**).
• Corbacho Rodríguez A. (***8476**).
• Taibo Castro M. (***4748**).
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia. No caso de non o faceren, procederase a declaralas en situación cesante e consecuentemente decaídas non seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 10 de agosto de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
