DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de resolución de execución subsidiaria.

Para darlle cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles á/ás persoa/s interesada/s o acto sinalado no anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 59 20 01, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Concello de Xove, sito na rúa Camiño Real, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Xove, 27 de xullo de 2026

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde

ANEXO

Expediente: 119/2026_002.

Procedemento: execución subsidiaria.

Acto notificado: Decreto da Alcaldía 2026/0872, do 3 de xullo de 2026, polo que se declara incumprida a orde de execución ditada polo Decreto da Alcaldía 2026/0670, do 2 de xuño de 2026, e se ordena a súa execución subsidiaria por conta das persoas obrigadas.

Interesado/s: descoñecido/s.

Parcelas catastrais: 27025A019000260000JY, 27025A019001650000JM,

27025A019000230000JW, 27025A019000420000JR e 27025A019000410000JK.