DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44963

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura do posto de xerente (referencia: xerente-26_2).

De conformidade co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección para a cobertura do posto de persoal directivo, xerente da Fundación Cesga, convocado pola Resolución do 11 de xuño de 2026, cuxo anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 112, do 17 de xuño, tendo en conta o Acordo do 30 de xullo do tribunal designado para cualificar o proceso de selección do posto antes indicado polo que se fai pública a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes e polo que se eleva a proposta de contratación da persoa candidata con maior puntuación, e en virtude das facultades conferidas nos estatutos da Fundación Cesga,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta formulada polo tribunal no seu Acordo do 30 de xullo de 2026, que foi publicado na web da Fundación Cesga, para o posto de xerente, coa candidata:

María Pilar Martínez García, co DNI (*) ***4650**.

(*) O DNI amósase cifrado para protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitarlle á candidata seleccionada que acepte o posto no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O vínculo formalizarase o 1 de setembro de 2026 mediante un contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou de dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico; na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no que dispoñan os estatutos da Fundación Cesga.

A persoa titular da Xerencia está suxeita ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto ao persoal ao seu servizo.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición perante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Presidenta da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia