Iniciado expediente relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non ser posible efectuar a notificación da forma habitual ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, e de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírense as persoas propietarias das parcelas para que, no prazo de quince (15) días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, executen os traballos de limpeza de biomasa, así como a retirada das especies arbóreas prohibidas, coa advertencia da facultade do Concello para realizar a execución subsidiaria de acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007.
|
Expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Identificación da |
|
487/2026 |
27047A008000600000SG |
Polígono 8, parcela 60. |
Elena López Rodríguez |
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
A Pobra do Brollón, 29 de xullo de 2026
José Luis Maceda Vilariño
Alcalde
