DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no quinteiro entre a avenida Pontevedra e a rúa Victoria en Portonovo, promovido por Caneliñas Invest, S.L. (expediente 7885/2025).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 30 de xuño de 2026, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle no quinteiro entre a avenida Pontevedra e a rúa Victoria en Portonovo, do concello de Sanxenxo, promovido por Caneliñas Invest, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal

Durante o prazo máximo de dous anos contados desde a data da aprobación inicial, queda suspendido o outorgamento de licenzas de parcelación e edificación na área afectada polo estudo de detalle, identificada nos planos de información do instrumento de planeamento inicialmente aprobado.

Sanxenxo, 27 de xullo de 2026

Telmo Martín González
Alcalde presidente