DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 28 de xullo de 2026 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo de intentar sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Persoa interesada

Persoa responsable

Orde de execución (exp. 1352-2026)

Resolución inicio O. E. do 21.7.2026

36043A012014090000JU

(Polígono 12-parcela 1409) 

Caldelas

Ponte Caldelas

Laurinda Portela Duque

Orde de execución (exp. 1353-2026)

Resolución inicio O. E. do 21.7.2026

36043A053000670000JX 

(Polígono 53-parcela 67) 

Caldelas

Ponte Caldelas

Abdón Martínez Orge

Orde de execución (exp. 1355-2026)

Resolución inicio O. E. do 21.7.2026

36043A053000690000JJ 

(Polígono 53-parcela 69)

Caldelas

Ponte Caldelas

Juan Méndez Boullosa

Orde de execución (exp. 1366-2026)

Resolución inicio O. E. do 21.7.2026

36043A012007210000JX 

(Polígono 12-parcela 721) 

Gradin

Ponte Caldelas

María Trinidad Corbacho Franco

Orde de execución (exp. 1368-2026)

Resolución inicio O. E. do 22.7.2026

36043A012007190000JY 

(Polígono 12-parcela 719) 

Gradín

Ponte Caldelas

Palmira García Cerviño

Orde de execución (exp. 1383-2026)

Resolución inicio O. E. do 22.7.2026

36043A035000370000JZ 

(Polígono 35-parcela 37)

Barbudo

Ponte Caldelas

Abilio Jaime Garrido Garrido

Orde de execución (exp. 979-2026)

Resolución inicio O. E. do 24.7.2026

36043A024004190001KJ 

(Polígono 24-parcela 419) 

Parada

Ponte Caldelas

Carmen Villanueva Meijón

Orde de execución (exp. 1414-2026)

Resolución inicio O. E. do 24.7.2026

36043A012010410000JP 

(Polígono 12-parcela 1041)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución (exp. 1415-2026)

Resolución inicio O. E. do 24.7.2026

36043A012010500000JK 

(Polígono 12-parcela 1050)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

En virtude do exposto, comunícase que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, establécese o prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación coma o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, esta información estará dispoñible na sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicos dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faculta a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, coa repercusión dos custos ás persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 28 de xullo de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente