De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuarlles as comunicacións ás que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
Persoa interesada Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1016/2026) Resolución de inicio O.E. do 25.6.2026 |
36053A01900285 (polígono 19, parcela 285) |
Lamelas Soutomaior |
1.554 m2 |
409,74 € |
David Pérez García |
|
Orde de execución (exp. 649/2026) Resolución de inicio O.E. do 22.4.2026 |
36053A01300521 (polígono 13, parcela 521) |
Lamelas Lg. Alxán Soutomaior |
170 m2 |
217,69 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 648/2026) Resolución de inicio O.E. do 22.4.2026 |
36053A01300520 (polígono 13, parcela 520) |
Lamelas Lg. Alxán Soutomaior |
164 m2 |
215,30 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1603/2025) Resolución de inicio O.E. do 5.3.2026 |
36053A01402151 (polígono 14, parcela 2151) |
Cascallal Soutomaior |
384 m2 |
302,90 € |
***7723** |
|
Orde de execución (exp. 1929/2025) Resolución de inicio O.E. do 5.3.2026 |
36053A01900474 (polígono 14, parcela 474) |
Pereira Soutomaior |
257 m2 |
252,33 € |
***6917** |
|
Orde de execución (exp. 1119/2026) Resolución de inicio O.E. do 10.7.2026 |
36053A00101716 (polígono 1, parcela 1716) |
Vela Soutomaior |
966 m² |
920,43 € |
Enrique Lorenzo S-S |
|
Orde de execución (exp. 957/2026) Resolución de inicio O.E. do 13.7.2026 |
36053A00100356 (polígono 1, parcela 356) |
Comboa Soutomaior |
52 m2 |
170,71 € |
En investigación |
En virtude do que antecede, infórmase de que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, existe un prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, para o cal comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Tendo en conta que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará esta mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita que este concello realice unha execución subsidiaria en caso de que se incumpran os traballos de xestión da biomasa e que lles repercuta os custos ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 27 de xullo de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
