DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 19 de agosto de 2026 Páx. 45270

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 17 de agosto de 2026 pola que se reaxustan os importes das anualidades da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

A Orde do 23 de decembro de 2025 (publicada no DOG do 16 de xaneiro de 2026) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convoca as do exercicio orzamentario de 2026.

No seu artigo 33, Financiamento, relativo ao financiamento destas axudas, detállase no número 1 a aplicación orzamentaria destinada a financiar as subvencións da convocatoria correspondentes a cada modalidade de axuda, así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidos.

Neste artigo sinálase, ademais, que os importes indicados se poderán incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A existencia de remanentes doutras convocatorias permitiu ampliar os fondos inicialmente previstos, mediante a Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

Analizadas as necesidades e dispoñibilidades de fondos para cada anualidade na modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.2, é preciso redistribuír os importes das anualidades indicadas na Orde do 23 de decembro de 2025, modificada pola Orde do 31 de xullo de 2026, para axustalos ás necesidades orzamentarias.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Reaxuste dos importes das anualidades da Orde do 23 de decembro de 2025, modificada pola Orde do 31 de xullo de 2026

Reaxústanse os importes das anualidades destinadas a financiar as subvencións para a modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.2, que se indican na Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (procedemento MR340A), ampliados pola Orde do 31 de xullo de 2026, segundo a seguinte táboa:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2026 (€)

Anualidade 2027 (€)

Anualidade 2028 (€)

15.04.741A.770.0

202300154

6.618.960,68

6.829.416,36

1.562.120,96

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural