A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.
Trátase dunha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero que, por razóns de eficacia e operatividade, estímase máis axeitada unha publicación completa, e non parcial dela, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións foron aprobadas en modificacións anteriores polo Consello da Xunta.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de agosto de 2026, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
|
Código do posto |
Denominación |
Criterio |
|
ED.401.00.000.15770.015 |
XEFATURA SERVIZO FINANCIAMENTO |
Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo |
Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de agosto de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
