De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrais |
|
2025/V001/000331 |
1669620NH4916N |
Oseiro |
Concepción Zas Naya |
|
2026/V001/000073 |
3480143NH4937N |
Pastoriza |
Santiago Sande Couto (herdeiros de) |
|
2026/V001/000057 |
4495615NH4949N |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000009 |
4091807NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000009 |
4091809NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000009 |
4090617NH4949S |
Pastoriza |
Manuel López Rodríguez (herdeiros de) |
|
2026/V001/000009 |
4090618NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000046 |
4189904NH4948N |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000046 |
4290518NH4948S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000046 |
4290517NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000046 |
4290524NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2026/V001/000059 |
1664550NH4916N |
Oseiro |
Promociones Siador Montrove, S.L. |
|
2026/V001/000066 |
15005A03600113 |
Armentón |
José Manuel García García |
|
2026/V001/000072 |
15005A03200100 |
Monteagudo |
Encarnación Bello |
|
2026/V001/000072 |
15005A03200093 |
Monteagudo |
En investigación |
|
2026/V001/000085 |
15005A00600338 |
Arteixo |
Emilia Bastón Aldao |
|
2026/V001/000085 |
15005A00600339 |
Arteixo |
José Borrazás Rapela |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 29 de xullo de 2026
José Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
