O Pleno, na sesión que tivo lugar o 23 de xullo de 2026, aprobou o estudo de detalle de modificación do Plan especial do parque termal de Cortegada. En cumprimento do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 199 do seu regulamento, este publícase para o seu xeral coñecemento:
|
Tipo de instrumento |
Estudo de detalle |
|
Ámbito |
Parque termal de Cortegada |
|
Instrumento que desenvolve |
Estudo de detalle do Plan especial do parque termal |
|
Clasificación do solo |
A establecida no PXOM municipal integrado no Plan especial do parque termal de Cortegada |
|
Cualificación do solo |
A establecida no PXOM municipal integrado no Plan especial do parque termal de Cortegada |
O dito documento atópase dispoñible no Portal de transparencia da sede electronica do Concello (https://cortegada.sedelectronica.es) e na páxina web municipal (https://www.cortegada.es).
Contra este acordo, que aproba unha disposición de carácter xeral, e en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, consonte o artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se xulgue conveniente.
Cortegada, 29 de xullo de 2026
Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde
